Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025.

Estimadas familias.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2024/2025. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024, este día incluído.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude. Pódeno imprimir dende a aplicación Fondolibros ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (impreso ED330B-anexos I e II).

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

Nos arquivos que achegamos poden consultar a documentación que deben presentar coa solicitude e toda a información relativa ao procedemento.

 

AnexoTamaño
Información do procedemento.pdf177.38 KB
IMPRESO SOLICITUDE.pdf3.49 MB
CONVOCATORIA.pdf1.57 MB


book | by Dr. Radut