Skip to Content

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O INTERCAMBIO CON FRANCIA (2019/2020)

O departamento de francés publicou hoxe, 4 de outubro, a listaxe de alumnado participante no intercambio escolar con Francia  e que atoparán pendurado no taboleiro da entrada do centro.

 Os criterios de selección foron os seguintes:

0. Rendemento académico e boa conduta.

1. Número de prazas.

2. Alumnado de 3º matriculado en Francés Primeira Lingua.

3. Alumnado de 3º matriculado en Francés Segunda Lingua.

4. Alumnado de 4º matriculado en Francés Primeira Lingua.

5 . Alumnado de 4º matriculado en Francés Segunda Lingua.

6. Alumnado de 2º matriculado en Francés Primeira Lingua.

 

NOTA: Informamos que quedan 3 prazas sen cubrir, polo que se alguén está interesado diríxase a Xefa do Departamento de Francés (María Rey Criado).

Lembrade que haberá unha reunión informativa cas familias e o alumnado participantes o 7 de outubro ás 19:30 horas.

Agradecemos o voso interese e participación.

 

Xefa do Departamento de Francés

María Rey Criado



book | by Dr. Radut