Skip to Content

Editorial Burlington impartiu no IES charlas culturais en inglés

00/00/

Dentro das actividades complementarias programadas polo ​Departamento de Inglés para este curso coa finalidade de mellorar a competencia socio-cultural do noso alumnado, o luns 5 de novembro impartíronse dúas charlas culturais organizadas pola Editorial Burlington sobre historia, tradicións e costumes dos estados que conforman os Estados Unidos. Ditas charlas foron impartidas en colaboración coa ​Biblioteca​​ do centro para o alumnado de 3o e 4o de ESO.

A dinámica das mesmas foi interactiva e a conferenciante soubo adaptar o seu inglés aos distintos niveis de competencia dos grupos. Os alumnos disfrutaron e participaron á vez que conseguiron familiarizarse un pouco máis cos trazos culturais máis significativos da sociedade norteamericana.



event | by Dr. Radut