Skip to Content

Plan de Convivencia 2017-18

 

Publicamos o Plan de Convivencia 2017-18, actualizado co froito do traballo realizado no PFPP do centro e as xuntas da Comisión de Convivencia do Consello Escolar:

 

Plan de Convivencia 2017-18

Antroido 2018

 

Como todos os anos, a nosa compañeira Carmen Cuesta editou un vídeo cos momentos máis salientables da xornada do día 9 de febreiro, incluíndo o pasacalle pola bisbarra e as actuacións no salón de actos.

 

 

 

Éxito no IV Certame Literario Carmela Loureiro

 

Desde o IES Canido queremos felicitar á nosa alumna de 4º ESO B Sara Romaní Yáñez, que resultou galardoada na modalidade microrrelatos co Primeiro premio na Categoría C (2º ciclo da ESO) co seu relato "Un enorme río delas". Este premio súmase a outros dous que Sara xa acadara en edicións anteriores.

Cando teñamos máis información, compartirémola coa comunidade educativa.

Antroido 2018

Mentres preparamos o vídeo coas actuacións da xornada do día 9, deixámosvos unhas cantas fotos do pasacalle que percorreu Canido.

 

 

 

 

 

Antroido 2018

 

Como é ben sabido, cada ano celebramos no noso centro o Antroido cun eixe temático escollido polo Claustro. Este ano o tema é "A Muller na Historia". Cada grupo escolleu na súa titoría un subtema, co que participarán na xornada do venres 9 de xeito colectivo.

Nas semanas previas, toda a comunidade educativa participa na elaboración das actividades e na decoración do centro, para deixar listo todo para a celebración do día 9.

Esa xornada comezará do xeito habitual, con actividades lectivas as primeiras horas da mañá. Posteriormente celebrarase o festival no Salón de Actos do centro.

Do mesmo xeito que os dous anos anteriores, parte do alumnado e do profesorado sairá do centro contra as 10:30 para dirixirse ao CEIP Cruceiro de Canido e realizar xunto co alumnado do colexio un pasacalle polo barrio, volvendo ao centro ás 12:00. Con esta actividade incidimos na integración do centro na vida do barrio, e animamos ás familias a que participen tamén.

A saída do centro será para todo o alumnado ás 14:10, como calquera venres. Os autobuses recollerán a esa hora ao alumnado que usa o transporte escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut