Skip to Content

Antroido 2018

 

Como é ben sabido, cada ano celebramos no noso centro o Antroido cun eixe temático escollido polo Claustro. Este ano o tema é "A Muller na Historia". Cada grupo escolleu na súa titoría un subtema, co que participarán na xornada do venres 9 de xeito colectivo.

Nas semanas previas, toda a comunidade educativa participa na elaboración das actividades e na decoración do centro, para deixar listo todo para a celebración do día 9.

Esa xornada comezará do xeito habitual, con actividades lectivas as primeiras horas da mañá. Posteriormente celebrarase o festival no Salón de Actos do centro.

Do mesmo xeito que os dous anos anteriores, parte do alumnado e do profesorado sairá do centro contra as 10:30 para dirixirse ao CEIP Cruceiro de Canido e realizar xunto co alumnado do colexio un pasacalle polo barrio, volvendo ao centro ás 12:00. Con esta actividade incidimos na integración do centro na vida do barrio, e animamos ás familias a que participen tamén.

A saída do centro será para todo o alumnado ás 14:10, como calquera venres. Os autobuses recollerán a esa hora ao alumnado que usa o transporte escolar.



page | by Dr. Radut