Complementarias
Actividade de Capoeira
Enviado por jota o Dom, 03/06/2018 - 08:43Con certo atraso debido a problemas técnicos compartimos imaxes da actividade de introdución á capoeira que tivo lugar no ximnasio do noso centro e na que participou o alumnado de 2º de ESO.
|
|
|
Maios Canido 2018
Enviado por jota o Xov, 10/05/2018 - 15:24Como todos os anos, a comunidade educativa do IES Canido participou na vida cultural e nas tradicións do noso barrio.
Entrega de premios do IV Certame Carmela Loureiro
Enviado por jota o Ven, 04/05/2018 - 14:42
Nesta cuarta edición do certame que premia os mellores textos inéditos, microrrelatos, micropoesías e microteatro, Sara Romaní Yáñez, alumna nosa de 4º de ESO, obtivo o 1º premio na categoría C(2º ciclo de secundaria) co seu relato Un enorme río delas.
O sábado 28 de abril, nun acto que tivo lugar na capela do Centro Cultural Torrente Ballester, o alcalde e o concelleiro de Normalización Lingüística entregáronlle o galardón.
Os nosos parabéns a Sara, que aparece na foto a segunda pola dereita.
Máis información, no Diario de Ferrol.
Ferrol en Lila Mola, cap. 2
Enviado por jota o Ven, 04/05/2018 - 12:00
O alumnado do IES Canido asistiu o pasado 26 de abril á presentación do 2º capítulo de "Ferrol en Lila Mola". Protagonizado por Ángela Ruíz Robles, Marián Bañobre, Patricia Rodríguez e Manuela López, fai unha breve reflexión sobre as mulleres que fixeron e están a facer cousas na nosa cidade.
