Skip to Content

Bacharelato

RECUPERACIÓN FINAL ORDINARIA PENDENTES 1º BACHARELATO

EXAMES EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

PLURIBACH

O TALLER DE CINE DO PLURIBACH COMEZARÁ O PRÓXIMO MARTES 6 DE OUTUBRO E SERÁ TÓDOLOS MARTES DE 16.20 A 18.00H

CALENDARIO EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BAC - XUÑO 2021

CALENDARIO RECLAMACIÓNS 2º BAC 2020-2021

PROGRAMA A PONTE

ENCONTROS VIRTUAIS.

Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC.

Mais info nesta ligazón: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

EXAMES ABAU

O MÉRCORES 12 DE XUÑO  comezan os exames de ABAU da convocatoria ordinaria. 

Dende o IES Campo de San Alberto sairá un autobús para Santiago  ás 7:50 horas unicamente para o alumnado matriculado no noso centro.

O regreso será ás 19:00 horas desde Santiago.  

O xoves e venres non haberá autobús.

ÁNIMO E MOITA SORTE!!!

CONVOCATORIA MATRÍCULA ORDINARIA NAS ABAU

Neste enlace tedes a convocatoria de matrícula ordinaria para as probas de acceso á universidade en xuño 2019.

 

RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS 2º BAC - CURSO 2018-19

Aquí tedes o enlace co procedemento a seguir para as posibles reclamacións ás cualificacións de 2º de Bacharelato no curso 2018-2019.

Web Consellería.

Nos casos de presentación de reclamacións ante a comisión de supervisión, debido á brevidade dos prazos, lémbrase a instrución terceira da citada circular:
 
COMUNICACIÓN Á COMISIÓN DE SUPERVISIÓN
O apartado b) da instrución terceira indica que a dirección do centro comunicará á comisión de supervisión a relación de alumnado que presentou reclamación ante dita comisión, con indicación da materia ou materias obxecto de reclamación.
Dita comunicación, dirixida á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo), farase mediante correo electrónico a
 inspeccion.educativa.sc@xunta.gal e con copia a scpie@edu.xunta.gal , indicando o seu carácter urxente antes do seguinte prazo:
 
Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 27 de maio de 2019.
Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 27 de xuño de 2019.
 
ENVÍO DO EXPEDIENTE
O apartado d) indica que é preciso que a dirección do centro garanta o procedemento oportuno para que os expedientes de reclamación orixinais sexan recibidos pola comisión de supervisión, no seguinte enderezo e cos seguintes prazos:
 
Presidente/a da Comisión de supervisión de reclamacións de 2º de Bacharelato.
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
(Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo)
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Ed. Administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela

Convocatoria ordinaria: recepción antes das 14 horas do día 29 de maio de 2019
Convocatoria extraordinaria: recepción antes das 14 horas do día 28 de xuño de 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut