Skip to Content

Comenius Regio

Páxina web do proxecto Education and the Labour Market in an European Project Framework

Podes visitar a web oficial do proxecto

Video Summary Activities Comenius Rexio

Comenius Regio: Guía da comarca de Noia

Por fin rematamos coa actividade máis importante do proxecto: Unha guía turística da nosa comarca. Nela colaboraron intensamente todos os alumn@s e profesor@s vinculados ao proxecto. 

Podes executala nun formato máis lixeiro (Flash) e só en castelán, picando neste enlace.

Pero, se a queres con máis calidade e nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), podes descargala en formato pdf interactivo, premendo na seguinte imaxe (tardará un ratiño, pois ten un tamaño de 134 MB).

É posible que o propio navegador que esteas utilizando teña un complemento para interpretar limitandamente os ficheiros pdf interactivos. Daquela, abriríase dentro del, sendo posible que non funcionasen algúns enlaces; Polo que é recomendable premer co botón dereito do rato, enriba da seguinte imaxe, e despois co botón dereito, picar en "gardar enlace como" para descargarla no teu equipo e executala (Acrobat Reader) desde fora do navegador con todas as súas funcionalidades. 

Esperamos que sexa do teu agrado.

Concurso de vídeo

 

Comenius Regio

Dentro do programa europeo Comenius Regio no que está a participar este centro destacamos as seguintes novas.

Clodio

CONFERENCIA sobre Historia e arte de Noia, Lousame e a Serra de Outes, a cargo de D. CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ. Celebrouse o mércores, día 11 de febreiro no salón de actos do instituto.

 

 

 

 

 

 

  

Regreso dos representantes do instituto da viaxe a Volos, Grecia. Noticia da que se fai eco o diario El Correo Gallego.

Curso de Edición de Vídeo

Dentro das actividades do Programa Comenius Regio "Education and the Labour Market in an European Project Framework" estase a realizar un curso de edición de vídeo. Todo o alumnado que desexe participar nel pode facelo de xeito gratuíto asistindo os luns ás 18.00 h. Estamos utilizando a aula de informática 1 no primeiro piso.

Esperámosvos

 

Concurso fotográfico

Xa finalizou o prazo de presentación e dipoñemos da relación das 158 fotografías (tanto nosas como gregas) que o xurado debe valorar despois de facer unha selección daquelas que cumpren as normas do concurso. Vaia traballo lles queda por diante!

O enlace lévache a un servizo de hospedaxe de ficheiros, chamado Lolabits, no que podes visualicar as fotos; Pero se desexas velas con toda a súa resolución, debes descargalas no teu equipo.