Skip to Content

Novas

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

VENRES 3 DE ABRIL a partir das 12:00 HORAS:

Publicación das notas da 2ª avaliación a través do Abalar Móbil

Hoxe venres a plataforma Abalar non está funcionando ben funciona en toda Galicia, polo que moitas familias e alumnado non poden acceder ás notas nestes momento.

Se a partir do luns segue caído o sistema Abalar, buscaremos outra alternativa para entregar os boletíns de notas.

A próxima semana teremos un descanso merecido!

Voltaremos ás aulas virtuais o MARTES 14 DE ABRIL.

COIDÁDEVOS MOITO!!

DISFRUTADE DAS CORONAVACACIÓNS!!

Información sobre a 2ª AVALIACIÓN. Curso 2019-2020

Venres 27 de marzo de 2020

A. Instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, sobre medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

  3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.

B. Segunda avaliación no noso Instituto

  • • Seguiranse as instrucións da Consellería de Educación, avaliándose os contidos do 2º trimestre en función das tarefas e probas realizadas ata o 13 de marzo do 2020 (os contidos que se están traballando telemáticamente serán avaliados posiblemente no 3º trimestre).

  • • Hai que ter en conta que nalgunhas materias a nota poderá ir en branco, dado que o profesorado pode considerar que non dispón de elementos suficientes para avaliar ao alumnado. En calquera caso, desde as titorías enviarase ás familias a información que o profesorado de cada grupo considere axeitada trasladarlles para o desenvolvemento académico de cada un dos nosos alumnos e alumnas.

  • • Cabe destacar que, nas ensinanzas de ESO e BACHARELATO, esta 2º avaliación ten carácter informativo, polo que o máis importante será observar a evolución académica do alumno ou alumna de cara a avaliación final de xuño.

  • As notas publicaranse a través do ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril a partir das 12:00 horas.

    Desde o 4 ata o 13 de abril "DESCONECTAREMOS" POR VACACIÓNS! Retomaremos o traballo o 14 de abril.

Información da Consellería de Educación

 

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

A ABAU desenvolverase en Galicia do 7, 8 e 9 de xullo, no caso da convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro, no caso da extraordinaria.

Educación traballa co Ministerio para asegurar o remate do curso e a continuidade dos itinerarios formativos do alumnado de formación profesional.

Enlaces á web da Consellería de Educación:

ABAU

CICLOS FORMATIVOS

Recomendacións

 MOI IMPORTANTE:

Enviade os traballos respectando os prazos acordados co profesorado.

 

Enlace ás Orientacións para Teletraballar

 Comunicación directa coa nosa Orientadora a través das redes sociais:

Instagram e Twitter: @orientacasa

eMail: maruxa@edu.xunta.es / orientacasa@gmail.com

CORONAXENDA CASA

Boas,

   Desde o centro xa temos un protocolo provisional de funcionamento, formación e comunicación telemática entre a nosa comunidade educativa. É de carácter provisional, pois o obxetivo é comezar esta semana e ir modificando accións e recursos segundo as demandas e necesidades reais. 

     Co fin de organizar todo o material e que alumnado e familias poidades seguir o desenvolvemento curricular facilmente, habilitarase un espazo na páxina principal da web do centro con enlaces directos aos contidos de cada curso. 

Consulta as ligazóns ás axendas de cada curso.

   Seguiremos en contacto virtual...

Apertas, paciencia e MOITO ÁNIMO!!!

Consulta Nota Informativa para alumnado e familias.

 

ESO

BAC

FP BÁSICA E CICLOS

EPA

 1º A ESO

1º B ESO

1º A BAC

1º C BAC

1º FP BÁSICA

2º FP BÁSICA

EBI I

 2º ESO A

 

 2º ESO B

1º B BAC

1º D BAC

1º TELECO

2º TELECO

EBI II

 3º ESO A

 3º ESO B

 2º A BAC

1º XADE

2º XADE

ESA I

 4º ESO A

4º ESO B

2º B BAC

1º ADF

2º ADF

ESA II

 

1º LAB

2º LAB

 

 

ALUMNADO

FAMILIAS

Seguir o horario de clase e traballar os contidos que correspondan a cada materia.

Consultar Abalar Móbil e a web do centro diariamente.

Consultar na web do centro as tarefas a realizar cada día dende o Enlace do teu curso.

Facer seguimento diario das tarefas do seu fillo ou filla.

Comunicarse co profesorado a través de email ou chamando ao centro para concertar titoría telefónica.

Comunicarse co profesorado a través de email ou chamando ao centro para concertar titoría telefónica.

INFORMACIÓN CORONAVIRUS CSA

NOVAS INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN RELACIÓN CO COVID-19 do venres 13 de marzo de 2020.

 Consulta aquí

 _________________________________________________________________________________________________________

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020, do xoves 12 de marzo de 2020.

Consulta aquí.

___________________________________________________________

Desde o IES estamos preparando un protocolo para que o noso alumnado poda seguir traballando on line co apoio do profesorado.

 

A canle oficial de comunicación coa nosa comunidade educativa será a WEB do centro.

A maiores, emitiranse comunicados para as familias través de ABALAR MÓBIL.

O equipo directivo

 

 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020

 Neste ENLACE tedes toda a información sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2020, destinadas a alumnado de ESO e BACHARELATO.

Xornadas de Portas Abertas

Oferta Educativa para o curso 2020-2021

Trípticos informativos coa oferta educativa do Centro para o curso 2020-2021:

ESO, BAC, Adultos Ciclos Formativos
Distribuir contido


by Dr. Radut