Skip to Content

INFORMACIÓN ADMISIÓN E MATRÍCULA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES CURSO 2023/2024

MATRÍCULA EN 1º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Alumnado de nova incorporación en 1º de ciclos medios ou superiores e alumnado que repite 1º curso.

PRAZO SOLICITUDES DE INSCRICIÓN 1º CURSO: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1º CURSO: as solicitudes cubriranse no asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp e entregarase na secretaría do centro para ser validada, en horario de 9:00 a 14:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO 1º CURSO: as listaxes de alumnado admitido publícanse en varias quendas. A matrícula farase presencialmente no centro educativo no prazo correspondente á adxudicación.

MATRÍCULA 1º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

MATRÍCULA EN 2º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Todo o alumnado que promocione de 1º a 2º de ciclo ou que repita 2º debe facer matrícula en 2º.

PRAZO MATRÍCULA 2º CURSO: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.

MATRÍCULA 2º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

AdxuntoTamaño
Prazos admisión ordinario_2023-2024.pdf94.03 KB
Documentación a presentar ca matrícula.pdf156.52 KB
IMPRESO MATRÍCULA FPB.pdf161.99 KB
IMPRESO MATRÍCULA CM TELECO.pdf162.66 KB
IMPRESO MATRÍCULA CS ADF.pdf162.21 KB
IMPRESO MATRÍCULA CS LAB.pdf162.85 KB
IMPRESO MATRÍCULA CM XAD.pdf162.15 KB


page | by Dr. Radut