Skip to Content

Novas

Ares Caamaño 7º na Olimpiada Informática Galega

Chegando á facultade de Enxeñaría

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)– e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC), organizou, o pasado venres, 11 de marzo, a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022).

Fotocall Ares

 Xunto a Laura Antelo, Iago Ávila e Ares Caamaño competiron  estudantes  de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, e de localidades como A Estrada, Culleredo,  O Barco de Valdeorras e O Porriño.Aresconsigueu un 7º posto.

Esta Olimpíada celebróuse de xeito presencial e de maneira simultánea en tres sedes: A Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de Informática da UDC, Escola Superior de Enxeñaría en Informática da UVigo e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC).  

Unha boa experiencia!!!

 

 

Alumnos de 1º e 2ª de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial seleccionados para o programa "TECNÓLOGO POR UN DÍA"

 Alumnos do IES seleccionados para o programa de detección de talento dixital da Xunta "Tecnólogo por un día"

Tecnólogo por un día é unha actividade na que os estudantes de 12-17 anos experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. Os/as participantes compartirán unha xornada laboral participando nas distintas actividades que o profesional voluntario teña na axenda (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.) axudándolles a coñecer as dinámicas deste tipo de profesións e resolver as a súa dúbidas vocacionais.

 

 

 

Nome alumno/a

Estado da solicitude(Empresa donde farán a xornada laboral)

Estefan Santamaría Campos

Asignada (Sixtema)

Daniel Santamaría Suárez

Asignada (DXC Technology)

Luis Mayán Martínez

Asignada (Altia Ames)

Anxo Alvite González

Reserva 1 (Amtega)

Nicolás García Ferreiro

Reserva 3 (Altia Vigo)

Alumnos de 2º da ESO gañadores do DXC Codes 2018

 Iago Ávila,Diego Creo e Pepe Palacios de 2º da ESO gañaron na categoría senior o concurso de programación en  Scratch para nenos  DXC  Codes co seu proxecto Galactic tournament.

Alumnos gañadores

 

 O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio ( CEIN) de  DXC  Technology da Cidade da Cultura,organizador do concurso, acolleu o sábado 23 de xuño 2018, a entrega de premios. O premio consisteu nun diploma acreditativo e un mbot,un robot educativo para cada alumno gañador. Esta é unha iniciativa a nivel mundial de  DXC  Technology para fomentar vocacións no ámbito  STEM e este ano, por primeira vez, está organizado desde Galicia.

  Presentaron os seus traballos 51 nenos (16 nenas e 35 nenos, cun 31% de participación feminina), de colexios de toda Galicia (Santiago, Ferrol, Moaña e Noia).Finalistas do DXC Codes

 

Os mesmos alumnos foron finalistas no concurso organizado polo CPTIG,donde chegaron á segunda fase só 12 proxectos entre 72.

 

 

 

LABIRINTOS CON SCRATCH 4º-2018

PLATAFORMAS CON SCRATCH 4º-2018

CONTOS CON SCRATCH 4º-2018

PLATAFORMAS CON SCRATCH 2º-2018

Actividades tecnolóxicas

Distribuir contido


by Dr. Radut