Skip to Content

Novas

Presentación da Revista Entrepontes

Presentación da revista Entrepontes

O venres 3 de maio tivo lugar a presentación da revista do centro, Entrepontes, que recolle os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso pasado.
Este número está dedicado ao mundo do mar, así que os diferentes proxectos de investigación xiraron arredor deste tema. O acto contou coa presencia de mariscadoras, redeiras e outras persoas vinculadas ao mundo do mar, así como coa coordinadora do Plan Proxecta, Educación Patrimonial, da Consellería de Educación, Mariña López.

Na foto aparecen de esquerda a dereita, Liliana Solís, Inés Vázquez, Celeste Pintos, Mariña López, Rosa Andión e Uxía Miguéns. Podes picar na imaxe para acceder a canalbarbanza e ver vídeos e mais información.

Acto de homenaxe por xubilación de Julio Caamaño

A comunidade educativa do IES Campo de San Alberto levou a cabo un acto de recoñecemento a Julio Caamaño, que fora o seu director durante 13 anos, con motivo da súa xubilación.

O centro aproveitou ó acto para presentar o numéro 8 da revista "Entrepontes".

Pódese ver un vídeo do acto picando na imaxe.