Skip to Content

Grundtvig

Historia de éxito

Guay Outro novo galardón para o noso Centro. E esta vez, outorgado pola Comisión Europea! Guay

Noraboa aos participantes no proxecto Grundtvig "Once upon a time... in Europe" e, por extensión, a toda a comunidade educativa do IES "Campo de San Alberto".

O proxecto, no que participaron mais de 400 persoas de nove países (Portugal, Grecia, Italia, Polonia, Dinamarca, Croacia, Turquía e Islandia) foi  escollido por un panel de  expertos da  Dirección Xeral para a Educación e a Cultura da Comisión Europea con sede en Bruxelas como “Historia de éxito”.

O financiamento correu a cargo do Programa de Aprendizaxe Permanente e estivo coordinado polo noso Centro   

“As HISTORIAS  DE ÉXITO” son proxectos xa rematados que se distinguen  polo  impacto, contribución, resultados innovadores e enfoque creativo e que poden ser considerados como fontes de inspiración para outras institucións ou centros educativos con oferta  formativa similar.

Un proxecto que  alcanza este galardón faino despois de ter pasado por un proceso de selección dacordo con rigurosos criterios de calidade, relevancia e resultados.

Antes da selección por parte da Comisión Europea,“Once a Time in... Europe”, foi seleccionado como “PROXECTO ESTRELLA” a nivel nacional polo SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

http://users.sch.gr/Vigklas/2012_2014/index.html

Profesorado participante no proxecto (Xesús Vila, Suso Montero, Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), acompañado da alumna Leticia González.

Recortes de prensa recollendo a nova (preme neles se queres ler os textos).

Proxectos no IES Campo de San Alberto

O programa sectorial Grundtvig está dirixido a mellorar a calidade e a dimensión europea da educación de adultos en sentido amplo, incluíndo a educación formal, a educación non formal e informal, así como o auto-estudo.

O noso centro ten unha ampla tradición en asociacións de aprendizaxe sobre un interese común con centros e institucións de diferentes países europeos, sendo centro coordinador en todos os proxectos, así como exemplo de boas prácticas a nivel nacional.

Se queres máis información acerca do Programa Grundtvig visita estes enlaces:

              1.- OAPEE: ORGANISMO AUTÓNOMO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS EUROPEOS

 2.- CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN – PROGRAMAS EUROPEOS

____________________________________________________________________________  

  • PROXECTO ACTUAL (2012-2014):

- "ONCE UPON A TIME... IN EUROPE" (2012-2014)

WEB: http://users.sch.gr/Vigklas/

____________________________________________________________________________________________

  • PROXECTOS ANTERIORES: 

 

- WE ARE DIFFERENT, WE ARE SIMILAR...WE ARE EUROPEAN (2010-2012)

WEB: http://users.sch.gr/Vigklas/

- CONTACT SEMINAR: COMMUNITY BUILDING,COMMUNITY LEARNING (2009)

- WAYS OF ATTRACTING ADULTS TO KEEP LEARNING (2008-2010)


Distribuir contido


by Dr. Radut