Skip to Content

Actividades

19 FEBREIRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A LGTBI-FOBIA NO DEPORTE

XA PODES VER A ENTREVISTA QUE O ALUMNADO DO EQUIPO DE IGUALDADE E DIVERSIDADE LLE FIXO A PAULETA, XOGADORA DO S.L. BENFICA.

Grazas Pauleta!

Convidámosvos a ver máis do noso traballo na lapela de IGUALDADE.

MARZO CON M DE MULLER 2023

           

MARZO, CON M DE MULLER

Estimadas familias e demáis comunidade educativa:

Dende o Equipo de Igualdade do noso centro desenvolvemenos con ilusión o noso Plan de Igualdade ao longo de todo o curso con diferentes actividades e propostas. Se visitades a pestana de Igualdade da nosa web atoparedes todas as propostas.

Agora estamos traballando en MARZO, CON M DE MULLER.

Entre as iniciativas que presentamos están:

1- “As mulleres reais superamos a ficción”. Decoramos o noso centro con carteis de películas nas que as protagonistas somos as mulleres do noso IES, superando á ficción audiovisual e contribuíndo ao proxecto interdiciplinar “O CINE”.

2.-Exposición “Cartas de Amor”. Dispoñible no hall do centro ata o 15 de marzo. Convidamos a todos os membros da comunidade educativa a visitala e a traballala dende as titorías e as diferentes materias.

3.- I MOSTRA DE CURTAS NO CASA: “RODANDO CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES”

Dende o 8 ao 18 de marzo estará dispoñible o visionado e o formulario de votación online na páxina web do centro e na pestana de igualdade.

Animamos de novo a toda a comunidade educativa a ver e a votar estas curtas que o noso alumnado de 1º de Bac e 2º ESO realizaron rexeitando a violencia ás mulleres.

Haberá 3 premios: segundo a votación do persoal do centro, segundo o resultado da votación das familias e segundo a votación do alumnado.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e aportacións en favor da IGUALDADE.

O EQUIPO DE IGUALDADE

 

ENLACES PLAN DIXITAL

ACTIVIDADES DEPORTIVAS CASA 2021/2022

 

O PRÓXIMO MÉRCORES 6 DE OUTUBRO COMEZAN AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO. SERÁN OS MÉRCORES DE 16.20 A 18.00H.

PROPOSTA 1: LIGA DE FÚTBOL SALA (ANOTARSE NA CONSERXERÍA, CADA EQUIPO TEN QUE TER UN MÍNIMO DE 7 INTEGRANTES).

PROPOSTA 2: PROPOÑER OUTRAS ACTIVIDADES

PLURIBACH

O TALLER DE CINE DO PLURIBACH COMEZARÁ O PRÓXIMO MARTES 6 DE OUTUBRO E SERÁ TÓDOLOS MARTES DE 16.20 A 18.00H

XORNADA DE ACOLLIDA DA BARQUIÑA AO SAN ALBERTO

Carteis gañadores do premio da Xornada de Acollida do alumnado de 6º de primaria do CEIP Alexandre Rodriguez Cadarso no noso centro.

Unha visita inolvidade!

 

 

 

ENQUISA CONVIVENCIA

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, é necesario elaborar unha nova estratexia 2021-2025. Neste contexto, faise necesario realizar unha nova enquisa de diagnose de convivencia. A enquisa é totalmente voluntaria, as claves de acceso para as familias lévanas o alumnado para a casa.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL 2021

LIGAZÓNS PARA CUBRIR A ENQUISA:

- FAMILIAS: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

- ALUMNADO DA ESO: https://www.edu.xunta.gal/convobrig

- RESTO DO ALUMNADO: https://www.edu.xunta.gal/convpost

Graciñas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut