Skip to Content

Actividades

Mes cultural: Charla de Moncho Fernández e Oriol Junyent

   O luns 19 de maio tivemos a sorte de poder escoitar ao adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, falar dos valores que transmiten os deportes de equipo e ao capitán, Oriol Junyent, sobre a súa carreira profesional.

 A actividade foi moi amena. O alumnado de 1º e 2º ESO, ademáis de escoitar a dúas das persoas máis importantes do mellor clube de baloncesto de Galicia na actualidade, responsables do aspecto deportivo, puido facer preguntas, pedirlles autógrafos e mesmo fotografiarse con eles. 

        Foron moitas as preguntas que contestaron dadas as inquedanzas do alumnado.

Moncho Fernández e Oriol Junyent firmando autógrafos

 A amabilidade, o saber estar e a dispoñibilidade foi total. Incluso, aínda sabendo o atarefados que están, foron quen de alargar a súa estancia no centro para que ningún dos asistentes se quedara sen a foto ou autógrafo que desexaba. 

Podemos dicir que cubriron con creces as nosas expectativas e cumpren fielmente o seu slogan:

"Facendo Obra"

Mes cultural: SAME 2014 "Sumemos capacidades" por unha educación inclusiva

      Dentro dos actos do mes cultural, o grupo da Rede solidaria do Instituto promoveu a participación nunha actividade para sensibilizar ao alumnado de 1º e 2º ESO nas dificultades as que se enfrentan as persoas.

 Con esta actividade sumamonos á SAME (semana de acción mundial pola educación) dentro da Campaña mundial pola Educación, promovida por sindicatos e ONGs de máis de 100 países. As reflexións extraídas serán presentadas ao alcalde (o martes 13) como propostas para que a educación inclusiva sexa unha realidade.con discapacidade para exercer o seu dereito á educación, en especial as dos paises do Sur. 

 

Máis información sobre a CME (Campaña Mundial pola educación)

 

Do libro as letras. Charla de Samuel León sobre Oruxmaps

O 9 de maio, dentro das actividades do mes cultural, o alumno de 4º ESO Samuel León impartiu unha charla sobre a aplicación Oruxmaps, considerada unha das mellores para gravar rutas de gps. Esta aplicación utilizámola para trazar as rutas de sendeirismo que se están a realizar co fin de elborar unha guía da zona para o proxecto europeo Comenius Regio. A actividade foi moi entretida. O alumnado asitente de 4º ESO, 3º ESO e Ciclo de telecomunicacións saíu encantado da conferencia.

 

Mensaxe dos canadienses

 

 

Como vedes, aquí estamos en Ottawa. A viaxe foi longa pero sin problemas. Os rapaces portáronse moi,
moi ben... e creo que están encantados coas familiase coas actividades que están facendo.

Estiveron xuntos onte pola tarde, e hoxe tamén se ían concentrar a 
maioría.  O único que non vai tan
ben son as comunicacións coa casa, 
porque algúns non teñen ben configurados os teléfonos, ou non
dan
regulado as wifis ou rollos deses, pero penso que dun xeito ou doutro, cos ordenadores do insti
e tal vanse apañando.

Mándovos unha fotiño de todo o grupo na porta do cole, para que vexades que estamos ben, e
amenazamos con levar moitas mais...je je. 
Se chaman aí algúns pais, que non se preocupen, que
están en boas 
mans... todo son atencións, especialmente con nos. Todo son boas caras e amabilidade.

Ben, mais nada de momento.  Mañán toca visita a cidade, ao parlamento, ao mercado... e imos
descansar un pouquiño para estar 
frescos...

Saúdos a todos. O Equipo Canadiense

Semana branca en Andorra do 5 ao 12 de abril

Do 5 ao 12 de abril un grupo de estudantes de 4 ESO e 1º Bacharelato esquiaron na estación Grandvalira en Andorra. O aproveitamento das clases de esquí e do bo estado das pistas foi moi alto. A maioría dos participantes recorreron gran parte da estación.

           Viaxe a neve 2014

Compartimos a viaxe co instituto de Melide.

A experiencia, ainda que moi cansada, foi altamente valorada.

A Cruz Vermella imparte unha charla sobre primeiros auxilios no centro

ambulancia

Este venres pola tarde, a Cruz Vermella de Noia imparteu unha charla sobre primeiros auxilios a un grupo de alumnos que temos, nun curso de formación para desempregados, impartido pola tarde no noso centro .

Visita de alumnado e profesorado do Nepean High School, de Ottawa, Canada (28 de febreiro ao 13 de marzo)

Entre o 28 de febreiro e o 13 de marzo estiveron no noso centro 10 alumnos e 3 profes do Nepean High School, de Ottawa, Canada, dentro dun intercambio escolar.

Ademáis

Presentación da revista "Entrepontes"

Xa tivo lugar a presentación da nosa prestixiosa revista "Entrepontes 2012-13" o pasado venres 21 de febreiro, tal e como había sido anunciado nesta mesma web. Aquí tedes agora unhas fotografías do acto realizado na Biblioteca do Instituto, no que tivemos a honra de contar coa presenza da benquerida Aurora Marco:

Ciclo de conferencias e actividades da USC

Martes 21 de xaneiro (09:35-10:35).

”A orixe dos apelidos galegos” Ana Isabel Boullón Agrelo. Profesora na facultade de Filoloxía da USC e membro do Instituto da Lingua Galega.

Cursos: 1ºC, 1ºD, 2ºC de BAC.

Luns 27 de xaneiro (17:00)

Charla sobre a USC. Departamento de Orientación.

Tres grupos de 2º de BAC.

Xoves 6 de febreiro (10.45-11:35)

”A química e os produtos naturais” Ricardo Riguera Vega. Catedrático de Química Orgánica da USC.

Cursos: 1º A, 1ºB, 2º A, 2ºB.

Mércores 19 de febreiro.

Visita ás facultades da USC.2º de Bac. e alumnos de Ciclos.

Venres 21 de marzo. (10.45-11.35).

“A profesión de ser profesor” Ramón López Facal. Profesor de Didáctica na USC. Cursos: Tres grupos de 2º de BAC.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut