Skip to Content

Actividades

ENQUISA CONVIVENCIA

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, é necesario elaborar unha nova estratexia 2021-2025. Neste contexto, faise necesario realizar unha nova enquisa de diagnose de convivencia. A enquisa é totalmente voluntaria, as claves de acceso para as familias lévanas o alumnado para a casa.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL 2021

LIGAZÓNS PARA CUBRIR A ENQUISA:

- FAMILIAS: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

- ALUMNADO DA ESO: https://www.edu.xunta.gal/convobrig

- RESTO DO ALUMNADO: https://www.edu.xunta.gal/convpost

Graciñas pola vosa colaboración.

COREOGRAFÍA CON "M" DE MULLER

Visitádenos no blog do EQUIPO DE IGUALDADE!

MARZO, O MES DA MULLER NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO

 

  

 

Premiadas e premiados no concurso TIKTOK Rosalía de Castro

Concurso de TIK-TOK ROSALÍA DE CASTRO.

PARABÉNS POLA GRANDÍSIMA PARTICIPACIÓN!.

O mércores 24 de febreiro a 6ª hora daranse os premios nas clases correspondentes.

PROGRAMA A PONTE

ENCONTROS VIRTUAIS.

Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC.

Mais info nesta ligazón: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

ENTROIDO NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO

VENRES 12 FEBREIRO:

 

  • Celebración do Entroido: “Concurso de Tocados” . Todos os participantes terán premio.

        • De 8:45 a 10:25: sacar a foto no fotocol. Cada clase por separado. Avisaremos polas aulas a quen lle corresponde.

        • De 10:45 a 11:35 h.: deliberación do xurado e montaxe de vídeo

        • Sobre 12:20 h. Entrega de premios, exposición das fotos na pantalla do Hall e recreo de Entroido ata a saída dos autobuses sobre as 12:50 h.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2020

ALUMNADO GAÑADOR!!!!

1º CICLO ESO: 1º PREMIO: Breixo (2º ESO A) 2º PREMIO: Érika (1º ESO A)
2º CICLO ESO: 1º PREMIO: Iago (4º ESO A) 2º PREMIO: Andrea (4º ESO A)

PARABÉNS!!!

 

 

LIGAZÓN AS BASES DO CONCURSO

ACTIVIDADES ÚLTIMO DÍA DE CLASE

MAÑÁ VENRES É O ÚLTIMO DÍA DE CLASE!!.

ESTAREMOS NO CENTRO DE 08:45 A 13:00 HORAS.

OS AUTOBUSES SAIRÁN ÁS 13:05 HORAS.

 

BOAS VACACIÓNS!!!

Cena Romana

Vídeo elaborado por alumnas de Latín de 4º ESO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut