Skip to Content

Bacharelato

ACTO DE GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2013/2015

 

 

Alumnos na saída do centro

     O día 22 de maio, tivo lugar no noso IES o acto de Graduación de 2º de BAC. Interviron, tras unhas palabras do director, J.P. Román, distintos profesores: Rosa Conde, Jaime Carbajo, Mª José Costa e Loli Rodriguez. Houbo entrega de diplomas e orlas e moitos aplausos. Algúns alumnos interpretaron pezas musicais: "Negra Sombra", "Lela", "Love me life you do", unha peza ao  piano, e un blues creado para aocasión  "Blues para 2º de Bac". Unha despedida entrañable, festiva, na que agradecemos a participación de todos/as, especialmente dos pais.Boa sorte!

 

Saída do alumnado de 2º Bacharelato para disfrutar da película "A Esmorga"

 

Cartaz da película "A Esmorga"

 

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película " A Emorga " do director Ignacio Villar, baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco - Amor.

 

Con Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris" e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos 3 protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.

Modalidades

Bacharelato Plan LOE Réxime xeral-ordinario

Ciencias e Tecnoloxía

Humanidades e ciencias sociais

Distribuir contido


by Dr. Radut