VISITA DE 1º ESO B AO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE A BARCIA

Os alumnos de 1º ESO B visitaron o día 26 de Abril o centro de educación especial de A Barcia acompañados polo seu titor e pola orientadora do noso centro.
Dentro do traballo de " aprender a diversidade " feito na titoría e na asignatura de Proxecto Interdisciplinar buscamos coñecer outras realidades, outras experiencias que nos enriquezan e nos axuden a medrar como persoas.

Xogamos un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ámbos centros, foi moi divertido. Fixemos xogos e compartimos uns bocadillos. No salón de actos presenciamos un par de actuacións que os anfitrións prepararon con moita ilusión. Para rematar coñecimos as instalacións do centro.

Os compañeiros de A Barcia fixeron esta montaxe que nos amosa como foi este día tan especial, esperamos que vos guste.


CONVOCATORIA DE CAMPUS CIENTÍFICO VERÁN 2012

 

A FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o Ministerio de Educación, coa colaboración de 16  Campus de Excelencia Internacional e Rexional  e o apoio da Obra Social “la Caixa”, poñen en marcha a 3ª edición do programa Campus Científico de Verán, dirixidos a  estudantes de 4º de ESO e 1º  de Bacharelato do 1 ao 28 de xulio do 2012. Os beneficiarios dunha praza nos Campus Científicos de Verán 2012 poderán disfrutar de 7 días de contacto coa investigación científica a través da súa participación activa en proxectos de achegamento científico especialmente deseñados por profesores de Universidade e de Ensino Secundario e en diversas actividades de ocio científico- cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia, deporte e excursións a lugares de interese).

 A presentación de solicitudes permanecerá  aberta ata o día 16 de maio de 2012  ás 14:00 horas.

Na seguinte páxina web: http://www.campuscientificos.es  poderán encontrar más información cos detalles do programa.

AVALIACIÓN DE PENDENTES

MATERIA DATA HORA NIVEIS AULA
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

10/05/12

14/05/12

12:25/13:15

11:15/12:05

2º E 3º ESO

1º ESO

Laboratorio

Usos múltiples

LINGUA ESPAÑOLA

2/05/12

10:05/11:15

TODOS

Usos multiples

 LINGUA GALEGA 14/05/12  12:25/13:15  TODOS
 Usos multiples
TECNOLOXÍAS  09/05/12 9:15/10:05
 TODOS Aula de Tecnoloxía
CIENCIAS SOCIAIS  15/05/12  9:15/10:05  TODOS Usos multiples
LINGUA INGLESA 15/05/12 11:15/12:05 TODOS ESO Sala de exposicións
FÍSICA E QUÍMICA 11/05/12 11:15/12:05 3º ESO Usos múltiples

CONCURSO DE MICRORRELATOS 2011-2012

  

A biblioteca Roberto Vidal Bolaño convoca un novo concurso de microrrelatos, este ano en relación co tema da memoria. O prazo de presentación dos traballos remata o 16 de maio. Consulta as bases.

¡ Animádevos a participar!


CHARLAS ARREDOR DA MEMORIA

O vindeiro mércores día 18 de abril ás 19:00 h. terá lugar un acto no IES de Brión no que intervirán os profesores X. Ramón Mariño Ferro, antropólogo, e Manuel Sendón, fotógrafo. Os seus relatorios achegarannos aos territorios da memoria dende a antropoloxía e a fotografía
Estas charlas enmárcanse na actividade anual de centro que este ano xira “arredor da memoria”.
Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

MOSTRA DE ENSINO

O departamento de orientación  organiza a visita á Mostra do ensino Galicia 2012 o 11 de Abril para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que ten lugar no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

St. Patrick's Day Session

O venres 16 de marzo, coincidindo coa festividade de San Patricio, un grupo de alumnos de inglés de 2º Bach e 4º ESO presentaron música tradicional irlandesa en directo nunha actuación improvisada na entrada do IES de Brión.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012/13

O prazo de admisión de alumnado procedente de outros centros para o curso 2012-13 abrangue dende o 1 de marzo ao 10 de abril do 2012, ámbos incluidos.

Acceso ao DOG que regula o proceso de admisión de alumnado

Adxúntase o Anexo I para a reserva de praza e o Anexo II para a solicitude de admisión


CON A DE ASTRÓNOMAS

No I.E.S. de Brión acollemos a exposición con A de Astrónomas en conmemoración do Día Internacional da muller traballadora, 8 de marzo.

A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astronomía e Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días.

Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora da área de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a investigadora de historia da Ciencia Eulalia Pérez Sedeño.

Os diferentes paneis que conforman a exposición estarán ubicados no 1º andar do centro dende o 7 ata o 16 de Marzo, grazas á colaboración do Concello de Brión.

Josefina Ling, impartirá unha charla o vindeiro venres 16 de marzo ás 9:15  na aula de usos múltiples do instituto baixo o título Con A de Astrónomas, para o alumnado de 4º, de Física e Química, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato de Física.

Para consultar información sobre a exposición, preme no seguinte ligazón: "Con A de Astrónomas"


Accede á nova en  

                              


GALICIA E AS NOSAS XENTES

O I.E.S. de Brión acolle unha mostra da obra dalgúns fotógrafos galegos dentro da Actividade Anual de Centro  adicada este ano á Memoria. A exposición leva por título  “Galicia e as nosas xentes” e nela están presentes fotografias de Benedicto Conde, Pintos, Virxilio Vieitez, Blanco Amor, Veiga Roel, Manuel Ferrol e Ksado.

Foi cedida pola profesora de Lingua Española, Maka Arca Camba, coordinadora durante varios cursos do Departamento de Normalización Lingüística do I.E.S. nº 1 de Ordes. O noso máis sincero agradecimento pola súa colaboración.

Accede á nova en: 

.

 

 
Distribuir contido