PRESENTACIÓN ALUMNADO DO CURSO ESCOLAR 2016/17

O día de presentación do curso e recepción do alumnado por parte dos titores será o Xoves 15 de setembro de 2016.

Levarase a cabo en tres quendas:

1º de ESO (porta principal)
2º de ESO (porta patio)
de 11:15 a 12:15
1º e 2º de Bacharelato   (porta principal) de 12.00 a 12.45
3º de ESO (porta principal)
4º de ESO (porta patio)
de 12:30 a 13:15

Nota: Hai transporte escolar

O día 16 xa haberá clases con normalidade

ENTREGA DE NOTAS (SETEMBRO 2016)

A entrega de notas para o alumnado de 2º de bacharelato terá lugar o vindeiro luns 5 de setembro ás 12:00 horas.

A entrega de notas para o alumnado de ESO e 1º de bacharelato terá lugar o vindeiro mércores 7 de setembro ás 11:00 horas.

Na entrega de notas recolleranse os libros de texto (obrigado para aqueles que teñan solicitado fondo de libros ou axudas).

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Acceso á convocatoria dos Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

O prazo remata vinte días despois da  publicación no DOG do 27/07/2016, o 16/10/2016.

MATRÍCULA CURSO 2016/17

O prazo de matrícula ordinaria para o curso 2016/17 é do 27 de xuño ao 10 de xullo.

As datas preferentes de matrícula  son:

Curso:                            
Datas:

1º, 2º e 3º de ESO 

do 27 de xuño ao 1 de xullo

4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato

do 4 ao 8 de xullo

"ANDANDO O CAMIÑO" PRIMEIRO PREMIO DE SECUNDARIA EN "DESEÑO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS COA FERRAMENTA SCRATCH"

Alumnado de 1º ESO acada co seu traballo "Andando o camiño" o primeiro premio na modalidade de secundaria no certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”.

Este traballo foi realizado na materia de Programación no contexto da convocatoria realizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia ligada ao programa “Aprendo programando” do “Plan proxecta“ .

Parabéns ao alumnado participante!

Accede ao listado de premiados

Save

Save

Save

Save

ACTIVIDADE DE FIN DE CURSO

O pasado 21 de xuño puidemos disfrutar dunha xornada de fin de curso organizada por alumnado de 4º ESO na que se desenvolveron diferentes obradoiros e que se pechou cun fabuloso concerto.

Save

ANUNCIO DE LICITACIÓN. CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2016/2017

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo. IES de Brión

b) Obtención de documentación e información. Oficina de Administración.

1) Enderezo: Paseo de Pedrouzos nº 3.

2) Localidade e código postal: Brión, 15865

3) Teléfono:  981881817

4) Fax: 981 885899

5) Correo electrónico. ies.brion@edu.xunta.es.

6) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo. Xestión de servizos.

b) Descripción. Servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2016/17

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación. Ordinaria.

b) Procedemento. Aberto.

c) Criterios de adxudicación. Oferta económicamente máis ventaxosa e calidade e prezo dos produtos ofertados coa posibilidade de presentación de variantes e melloras.

4. Canon mínimo de licitación:

a) Importe. Unha cantidade de trescentos corenta e seis euros con corenta céntimos (346,40 €) que o licitador pagará ao IES de Brión en concepto de canon pola prestación do servizo.

5. Garantías esixidas. Definitiva: trescentos euros (300,00 €).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas. 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio. No caso de que o último día fora sábado ou inhábil entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina de Administración do IES de Brión.

Brión, 23 de xuño de 2016. O Directordo IES de Brión, José Antonio Caneda Vidal

"AUTÓMATAS CON CAPACIDADE DE APRENDIZAXE" NA FINAL DO DESAFÍO STEM

O equipo Brión 5 chega co seu proxecto "Autómatas con capacidade de aprendizaxe" á final do Desafío STEM.

Este proxecto interdisciplinar desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial I, TIC I e Debuxo Técnico I coa colaboración de alumnado de Informática de 4º ESO, resultou seleccionado xunto a outros 39 finalistas de entre os case 1500 proxectos participantes no "I Concurso Interescolar Nacional de Programación e Robótica".

Estre traballo sitúase na confluencia de dúas liñas de actuación: por unha banda forma parte dunha secuencia de proxectos interdisciplinares desenvolvidos anualmente polos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo en 1º de Bacharelato, por outra participa do conxunto de actividades sobre programación e robótica realizadas ao abeiro do "Contrato-programa para a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia" asinado este curso escolar coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

                 

Consulta aquí a documentación completa deste proxecto.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Distribuir contido