EMILIO DEL RÍO EN RADIO emBRIÓN

Nace Emilio en Santiago . Fillo de mestres, de pequeno acompañou aos seus pais nos primeiros destinos profesionais en Santa Comba, Outes e as montañas de Ourense. Comezou con tres anos no colexio La Salle de Santiago onde os seus pais traballaban de profesores. Escolar e bachiller brillante, puido ser un bo arquitecto, filólogo, mestre... ao fin estudou mediciña na USC, sendo premio extraordinario fin de carreira da súa promoción, lembra na entrevista que só tivo un profesor que impartira a clase en galego.Especializóuse en dermatoloxía en Madrid onde tamén leu a tese de doutoramento. A súa inquedanza intelectual maniféstase en infinidade de publicacións nas revistas científicas máis prestixiosas. O seu compromiso co idioma galego fixoo acreedor do premio Manuel Beiras.
Co gallo das letras galegas convidámolo  a unha entrevista na radio do IES de Brión e falarnos dese compromiso có idioma galego fundamentalmente pero tamén de outras cousas. O doutor Emilio del Río é unha persoa ben interesante e amena como quedou reflectido na charla cós alumnos/as de 3º de ESO.

Accede ao programa

O IES DE BRIÓN PRESENTE EN PITEAS

Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo do IES de Brión foron invitados a participar na xornada de presentación de boas prácticas educativas incluída no Programa de Formación e Mentoring para o Desenvolvemento do Talento, PITEAS, promovido pola Fundación Barrié, a Consellería de Cultura, Educación e O. U. e a Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Os alumnos Lois Meira e Christian Capeáns foron os encargados de presentar o pasado sábado 21 de maio na sede da Fundación Barrié na cidade de Vigo, unha serie de proxectos tecnolóxicos interdisciplinares realizados estes dous últimos anos nas materias que imparten estes departamentos, e que este curso se organizan en torno ao Contrato-programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia asinado polo centro coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Ver a presentación

ÉXITOS DEPORTIVOS

Luis Guilbert Pérez, alumno de 1º de ESO conseguiu o primeiro posto na categoría K-1 Infantil B no Campionato de España Infantil de Piragüismo sobre a distancia de 3.000 metros celebrado o pasado 8 de maio en Sevilla, en augas do río Guadalquivir. Na mesma proba a alumna Laura Ardións Otero quedou no posto número 24 .

PROMESAS LITERARIAS

O alumno Daniel Souto Pazó de 1º de ESO ven de recibir o 2º premio da 1ª categoría na modalidade de poesía na XIII edición do Certame Literario Concello de Ames cun poema titulado "A Terra".

Máis información

II COMPETICIÓN DE ROBOTS DA EEI

Excelentes resultados do alumnado de Brión na "II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo", un certame que nesta edición contou coa participación de 157 equipos de toda Galicia e cerca de 900 alumnos e alumnas.



O robot "Brión 5" acadou a terceira posición na categoría WALL-E Bacharelato, conseguindo o mellor tempo na proba de rastreo.
"Brión 1", "Brión 3", "Brión 4" e "Brión 6" acadaron moi bos resultados nos seus respectivos tapices, destacando especialmente na proba de rastreo.

Prensa:

GCiencia: Invasión de robots na Universidade de Vigo

UVigo: Invasión autómata na Escola de Enxeñería Industrial

Faro de Vigo: Lucha de robots sobre tatami

YouTube: Combate de robots na Universidade de Vigo

DÍA NON LECTIVO

A dirección do IES de Brión lembra que o vindeiro venres 6 de maio non haberá clase, por ser este o día escollido como non lectivo de libre designación do centro.

OFERTA DE PRAZAS. CURSO 2016/17

A inspección educativa autorizou ao IES de Brión a abrir un terceiro grupo de 1º de ESO.

Segundo instrucións da inspección, recibidas o 8 de marzo á última hora da mañá, este centro dispón de prazas para este nivel.

As familias interesadas poderán presentar a solicitude de admisión na secretaría do instituto ata cubrir prazas.

8 de marzo, día da muller traballadora

Hoxe é 8 de Marzo, día da Muller, e Raquel O. Brea e Miguel B. Lesta fixeron unha vídeo-homenaxe coa fin de celebrar o día, recopilando o esforzo de varias persoas por reproducir a situación da muller na sociedade actual.

VISITA Á EXPOSICIÓN "CARTEIS 1970-2014"

O alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual visitou o xoves 25 de febreiro a exposición "Carteis 1970-2014" de Xosé Vizoso na Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura de Brión.

Esta visita foi moi especial xa que o propio artista recibiu ao alumnado. Unha oportunidade extraordinaria para aproximarse á obra cartelística deste polifacético artista mindoniense afincado en Brión.

Logo de realizar un percorrido pola mostra explicando os aspectos máis relevantes dalgús dos carteis expostos, Vizoso mantivo unha conversa cos estudantes aos que amosou bosquexos e apuntes da súa obra.

Vizoso falou dos personaxes que aparecen nos seus carteis, de composición, de tipografía, pero sobre todo de ganas e traballo, moito traballo, para conseguir realizar unha obra que exprese con intensidade o tema que un está a desenvolver.

Grazas Vizoso polo teu tempo.

Distribuir contido