DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

 


Desde o pasado 25 de xaneiro ata o 5 de febreiro, tivemos no noso centro a exposición Investigarte.

InvestigArte é a exposición física que recolle as mellores obras artísticas do concurso co mesmo nome e que ofrece unha mirada á ciencia desde a perspectiva de investigadores profesionais e alumnos.

A exposición itinerante InvestigArte ofrece aos centros educativos galegos para apoiar aos docentes na súa labor de mostrar unha visión interdisciplinar da Ciencia.

InvestigArte nace en 2012 ideado por un grupo de investigadores apaixoados da fotografía e a súa utilidade para explicar ásnovas xeracións, eá sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.

 

 

 

O noso alumnado de 4º de ESO tivo, os pasados dias 21 e 22 de xaneiro, unha charla sobre a Toponimia do concello. 

Impartiuna Soledad Ríos Santomé, autora da publicación "Toponimia na escola. Os nomes de lugar do Concello de Moaña".

Os rapaces e rapazas coñeceron a orixe dalgúns puntos do concello, dos seus barrios e aldeas, e tamén dos seus apelidos. 

Esta actividade está encadrada no programa do Concello "Aprende Moaña". 

 

O pasado mércores 20 de xaneiro, o alumnado dos colexios de Quintela, Tirán e Domaio e dos IES Paralaia e As Barxas asistiu á representación da obra "O Espantallo Amigo" de Xosé Neira Vilas organizado pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Moaña. 
A representación correu a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns e tivo unha grande acollida.

O alumnado participou nesta actividade despois de haber feito a lectura da obra.

 

FESTIVAL DE NADAL

O venres 18 de decembro, celebramos no instituto o festival de Nadal, amenizado polos alumnos e alumnas de Música e coa colaboración dos profes Aurora e Seso.

Aquí vai un dos momentos estelares, a actuación do cuarteto de saxos.

 

Distribuir contido