EXPOSICIÓN INVESTIGARTE

 


Desde o pasado 25 de xaneiro ata o 5 de febreiro, tivemos no noso centro a exposición Investigarte.

InvestigArte é a exposición física que recolle as mellores obras artísticas do concurso co mesmo nome e que ofrece unha mirada á ciencia desde a perspectiva de investigadores profesionais e alumnos.

A exposición itinerante InvestigArte ofrece aos centros educativos galegos para apoiar aos docentes na súa labor de mostrar unha visión interdisciplinar da Ciencia.

InvestigArte nace en 2012 ideado por un grupo de investigadores apaixoados da fotografía e a súa utilidade para explicar ásnovas xeracións, eá sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.