44 alumnos e alumnas de 4º ESO viaxaron a París do 16 ao 20 de marzo. Neses días visitaron os principais lugares de interese da capital francesa: A torre Eiffel, o Arco do Triunfo, o museo do Louvre, o Sacré Coeur, Montmartre, os Campos Eliseos... Tamén visitaron o palacio de Versalles. Os días de viaxe resultaron poucos para poder ver todo o que a capital francesa ofrece.
Un grupo de alumnos de 1º ESO, acompañados de Angleles Pico e Juan Pérez fan un percorrido polo sur da provincia de Pontevedra. Visitaron: O Mosteiro de Oia, Parador Nacional de Baiona, Virxe da Roca, Santa Tegra...
O alumno do IES As Barxas, Ángel Villar Corrales, recibe en Santiago o Premio Extraordinario de Bacharelato do curso 2013-14. Noraboa a el, a súa familia e aos seus profesores.
Alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato, viaxaron ata Vigo para visitar a fundación Barrié e o Museo do Mar. Na fundación Barrié asistiron ao espectáculo "O Cerebro. 15 w de potencia sobre o funcionamento do cerebro e no que se fixeron experiencias para mellorar a comprensión de como funciona.
Logo percorrido polas instalacións do Museo do Mar, ondo puideron observar diversas exposcións entre as que se atopaban: os motores a vapor e diesel de barcos, a pesca de baleas e os traxes de mergullador.
Os alumnos de humanidades asisitron á representación da traxedia grega "As Bacantes" de Eurípifdes no auditorio de Ourense o pasado 11 de marzo, dentro da programación do circuito de teatro Clásico que se celebra nas distintas cidades de España con restos romanos, e é un dos acontecementos didácticos con máis afluencia de alumnos. Tamén visitaron a cidade, especialmente as Burgas e a Ponte Romana.