DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

 

 

25 de Novembro, Contra a violencia de xénero

Non morreron, foron asasinadas. Mergullémonos nun Remuiño Violeta para acabar co terrorismo machista. Porque queremos mulleres libres, persoas libres. Porque nos queremos vivas.

https://www.youtube.com/channel/UCGOS3a7yV4mnBKPAhZuyfRg

 

 

 

 

 

O xoves, 4 de novembro, alumnos de 3º, 4º e 1º Bach, asistiron a unha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega con motivo do Día da Ciencia en Galego e que estivo a cargo do profesor do departamento de Medicina da Universidade de A Coruña e membro do grupo NEUROcom, Dr. Xurxo Mariño, neurobiológo e excelente divulgador científico.

A charla xirou sobre a trascendencia que ten para a especie humana a linguaxe como forma de comunicación, así como da virtualidade da nosa percepción e o papel do cerebro neses complexos procesos. Na mesma participaron varios centros de toda a Comunidade Autónoma.

Ao final os alumnos puideron formular preguntas via twitter, o que nos permitiu comprobar como moitos participantes sacaban os seus móviles sen medo, nesta ocasión, a que os profesores lles aplicasen o regulamento interno.

 

Así celebramos nas Barxas o tempo de Samain. Tivemos un concurso de cabazas e doces para o alumnado de 1º e 2º ESO e unha exposición de paneis do alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.

 

 

 

O venres, 19 de xuño, tivo lugar o festival musical de fin de curso. Ademáis da presentación da terceira parte da serie "Seminario 5", houbo un amplo repertorio onde os rapaces cantan, tocan e bailan. Tamén foron os creadores de gran parte dos arranxos e dirixiron os ensaios. Todo baixo a supervisión de José Luís Pena e Seso Durán. Aquí tendes un resumo do mesmo:

 

 

 

 

Alumnos de 1º ESO C, 2º ESO bilingüe e 4º ESO participaron no concurso Big Challenge 2015. Area Guede  foi 2º provincia.

Aquí unha instantánea dos alumnos de 3º ESO bilingüe, que tamén participaron no concurso. Laura Durán acadou os mellores resultados da clase. 2º provincia.

 

 

 

Distribuir contido