Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Publicada a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/2025. 

PRAZO DE SOLICITUDE: 30 de abril o 13 de setembro de 2024.

O proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Máis información

SOLICITUDE DE BOLSAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS CURSO 24-25

Prazo de presentación de solicitudes ABERTO desde o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00h.

INFORMACIÓN BECAS E AXUDAS PARA ESTUDIOS 

COMO SOLICITALA

REQUISITOS

ACCESO A TRAMITACIÓN SEDE ELECTRÓNICA

 

PROBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. Convocatoria 2024

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumpril

Éxito do 1º proxecto acreditado Erasmus + do IES de Allariz

O IES de Allariz celebrou o éxito do seu primeiro proxecto Erasmus, alcanzando unha calidade excelente nos obxectivos do Plan establecidos ata 2027. O proxecto enfocouse na mellora da educación, a dixitalización do centro e a promoción da aprendizaxe en múltiples linguas. Neste proxecto, tres profesoras realizaron cursos de inglés para mellorar as súas competencias linguísticas e un grupo de oito estudantes de 1º de bacharelato, acompañado dunha docente e da directora, realizaron unha mobilidade de curta duración do 14 ao 21 de abril no Liceo Giacomo Ulivi, en Parma (Italia).

Limpeza das beiras do río

O pasado 9 de maio, alumnado de 3º ESO participou nunha xornada de limpeza das beiras do río Arnoia no seu paso próximo pola nosa vila.

Tertulias Literarias de Ourense

O pasado 9 de maio, alumnado de 4º de ESO asistíu ao Liceo de Ourense xunto con outros centros escolares, ás "Tertulias Literarias" en castelán sobre a obra de Pedro Simón "Los incomprendidos" no que se trataron temas de actualidade (relacións pais-fillos; saúde mental...) participando o noso alumnado dun xeito moi activo.

SEMANA DAS LINGUAS

Esta semana realizaremos actividades en relación a distintas linguas coma italiano, alemán ou chinés...

Aquí tedes o cartaz con ditas actividades:

Piragüismo-Dragóns en Castrelo de Miño

Alumnado de 1º ESO acudiu o embalse de Castrelo de Miño para practicar piragüismo en embarcacións de 20 prazas ("Dragóns")

Francofonía 2024

O alumnado de 1º ESO participou no Festival da Francofonía que se desenvolveu durante o 6 e 7 de maio en Vilanova de Arousa conxuntamente con outros 12 centros educativos de toda Galicia.

Unha experiencia inesquecible!

Clica no link e verás que ben o pasaron...

https://drive.google.com/file/d/1nmtZsgCelbb2yW6dAecrDBCyDZGvw7K9/view?usp=sharing

 

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare