Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Información servizos complementarios

  1. AUTOBUS ESCOLAR: As familias do alumnado usuario deste servizo que o utilice para ir o centr, pero que, pola razón que sexa, non o utilice de volta o mesmo día, deberán informar ao centro pola mañá.
  2. COMEDOR ESCOLAR: Se un usuario do comedor non vai facer uso do servizo un luns, as familias do alumnado usuario deste servizo deberán avisar antes das 9.00 da mañá do mesmo luns de que non usarán o Servizo de comedor.

Programa Quérote +

 

Esta semana iníciase no noso centro co alumnado de 3º ESO o programa Quérote + , sobre educación sexual, dentro do Plan Proxecta +, de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con outros organismos.

Todas as actividades que se desenvolvan serán publicadas no blog "Quérote + no IES de Allariz", ao que podedes acceder premendo aquí.

Xogade-Cros

O pasado venres 17 de novembro, alumnado de 1º a 3º ESO participou na fase zonal de Cros do Xogade desfrutando dunha xornada deportiva e acadando moi bos resultados (como podedes ver nas fotos adxuntas)

Xuntanza Programa YAM para as familias e o alumnado de 3ºeso

O obxectivo desta xuntanza é dar información sobre o programa YAM (Youth Aware of Mental Health) ou Xuventude Consciente da Saúde Mental. Trátase dun programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprenden e debaten sobre saúde mental.

Obradoiro de poesía

O pasado luns, o alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro de poesía impartido pola autora Alba Cid. Podedes ver a nova reflectida en La Voz de Galicia.

 

 

Charla-coloquio Activismo medioambiental

O pasado venres 3 de novembro, o noso alumnado de 4º ESO e 1º BACH, asistiu na Casa de Cultura a unha charla de Bernardo Caal, activista medioambiental guatelmalteco encarcerado inxustamente por defender á súa comunidade do expolio dos recursos naturais.

SAMAÍN 2023

Catálogo online da Biblioteca do IES de Allariz

Incorporamos o catálogo online da Biblioteca do IES de Allariz á nosa web, xa non tedes escusa para buscar libros, e lelos Risa, na nosa biblioteca!

Está no menú da dereita co icono da imaxe.

Rafting no río Miño 2023

O pasado martes 17 de outubro, o alumnado de 1º Bach desfrutou dunha xornada de rafting polo río Miño ao seu paso pola localidade pontevedresa de Arbo.

Premede na imaxe superior para ver as súas habilidades...

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare