Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Actividades

Entrega de PREMIOS do Concurso "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"

O venre 26 de xuño ás 5:30 na Colexiata de Xunqueira de Ambía, tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso de relato e debuxo "Falando de Solidariedade" que este ano tivo como LEMA: "Historias solidarias en tempos de confinamento".

Semana das LETRAS GALEGAS 2020 (18-22 maio)

 

Na Semana das Letras Galegas (18-22 maio) , desde a BIBLIOTECA en coordinación co Departamento de L.GALEGA e cos colexios de primaria de Allariz e Xunqueira,de Ambía CONVOCAMOS a todo o alumnado a participar no VII Concurso de debuxo, conto e  relato "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"organizado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, que este ano ten como LEMA: "Historias solidarias en tempo de confinamento".

ANÍMATE A PARTICIPAR  

As BASES pódense consultar no documento adxunto.

23 de Abril: "Día do Libro"

            Este ano 2020 vai ser inesquecible por moitos motivos e desde o noso centro queremos conmemorar tamén o "Día do Libro" dun xeito distinto. Ás veces a distancia únenos e así a comunidade educativa do IES de Allariz parece xuntar esforzos para que esta situación sexa o máis levadeira posible para tod@s. Por iso, desde a Biblioteca propomos unha actividade creativa que denominamos "LIBÉRATE CON LIBROS", polo valor simbólico que nestes momentos ten o verbo "liberar" na que poidamos facer recomendacións de lecturas que dalgún xeito axudaran a levar este tempo de confinamento dun xeito máis agradable.

Quen mellor que Olga, profesora do departamento de Lengua Española, para exemplificar a actividade. "El confinamiento me ha traído tiempo de regalo y estoy releyendo "Cien años de Soledad" en una edición preciosísima, regalo de una amiga muy querida. He vuelto a visitar Macondo y a escuchar las mágicas historias de la famila Buendía..." Un placer muy recomendable !!!

SEMANA DO LIBRO (20-24 Abril )

Neste curso, queremos desde o noso centro homenaxear o "Día do Libro" (23 de abril) cunha serie de actividades que se propoñen nos departamentos didácticos de linguas en coordinación coa Biblioteca:

1. Publicación dos 3 gañadores do "Concurso de Microrrelatos", organizados pola profesora Emilia Quiruelas, xefa de departamento de Lingua Española.

2. Proposta de realizar un traballo artístico (vídeo, audiolibro, foto...) sobre unha lectura realizada durante o periodo de confinamento.

HOMENAXE ÁS MULLERES "ESCRITORAS"

Remata o Mes de MARZO, e 2 alumnas do noso centro de 1º de Bac B, Brenda e Raguía, comparten con tod@s un traballo que realizaron na materia de Literatura Universal e que pretende ser unha homenaxe a todas as "MULLERES ESCRITORAS" que foron deixando a súa pegada ao longo da historia a través dos seus libros.

Podedes consultala no documento adxunto

Tertulias literarias en galego en Ourense

O día 30 de xaneiro, algún alumnos do noso centro, acompañados de 2 profesoras,  asistiron a unha Tertulia Literaria en Galego no Liceo de Ourense sobre a obra "O meu nome é ninguén" de Manuel Esteban e ao posterior encontro co autor.

Foi unha actividade moi interesante e produtiva. Animamos a seguir participando a máis alumnado.

30 de xaneiro celebramos o Día da Paz

O pasado día 30 de XANEIRO, no noso centro conmemorouse o  realizaqndo unha actividade nas TITORÍAS que consistíu en pór bandas de cores con mensaxes relativas á PAZ e a lectura dun Manifesto no 2º recreo.

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa.

Tertulias literarias en Allariz

O pasado 16 de xaneiro algúns alumnos de 3º, 4º ESO e 1º  de bacharelato asistiron, xunto con outros alumnos dos centros Universidade Laboral de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo á tertulia literaria sobre a obra de Arantxa Portabales "Beleza Vermella" nas dependencias de "RADIO ALLARIZ".

Os alumnos visitantes aproveitaron para coñecer a nosa vila.

Foi unha actividade realmente interesante.

CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL

Esta Semana iníciase a CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL 2019 na Biblioteca.

Lembra que podes levar ata 5 LIBROS para as vacacións.

Data de inicio 16/12/2019/Data de remate: 10/01/2020

25 Novembro: "Día en contra da violencia de xénero"

O oasado 25 de novembro, o IES de Allariz quixo reivindicar o dereito das mulleres organizando unha actividade na que participou todo o centro. Tamén nas diferentes materias e nas titorías se realizaron traballos sobre o tema.

 

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare