Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Secretaría

Materias que NON se impartirán no curso 2023-2024

Por falta de alumnado ou por cuestións organizativas dos horarios as seguintes materias NON se impartirán no curso 2023-2024:

3º ESO

Sección bilingüe de Xeografía e Historia.

Portugués.

Cultura Clásica.

4º ESO

Portugués.

1º Bacharelato

Anatomía Aplicada

Cultura Científica

Debuxo Técnico I

Literatura Galega do século XX e a actualidade

Linguaxe e Práctica Musical

2º Bacharelato

Psicoloxía

Aberto prazo de matrícula para curso 2023-2024

Aberto o prazo de matrícula deste o 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023 para o curso 2023-2024. Podedes descargar as follas de matrícula:

MÉRCORES 18 de xaneiro - SUSPENSIÓN do transporte escolar.

Maña, MÉRCORES 18 de xaneiro, HABERA CLASE no horario habitual, aínda que a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN do transporte escolar.

Información TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

Achegamos os horarios actualizados do TRANSPORTE ESCOLAR a 25 de novembro de 2022. Se hai algunha incidencia por favor comuníquenolo en ies.allariz@edu.xunta.gal.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ACREDITACIÓN LINGUA ESTRANXEIRA

O día 15 de novembro de 2022, publicouse a Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

Inicio de curso 2022-2023

Información para o inicio das clases ESO:

  • Data e hora: xoves 8 ás 8:30. Rematarán ás 14:10.

1º ESO.

Entrarán polo portón que da ao patio da ESO onde as titoras/es irán chamándoos polo seu nome para indicarlle en que grupo están (1º ESO A, B ou C), logo acompañaranos ás aulas.

2º ESO.

Entraredes polo portón que da ao patio da ESO e debaixo do cuberto do pavillón, a carón da pereira, os/as titoras iranvos chamando para indicarvos o grupo.

3º ESO.

Lista dos libros de texto para o curso 2022-2023

Achegamos a lista dos libros de texto do curso 2022-2023.

Débese ter en conta á hora de reservar os libros que hai materias que NON se impartirán debido a que NON acadaron o número mínimo de alumnado, o alumnado estará matriculado na seguinte na súa escolla de preferencias.

MATERIAS QUE NON SE IMPARTIRÁN NO CURSO 2022-2023 (por falta de alumnado, corrección feita a 4 de agosto de 2022):

Aberto prazo de matrícula curso 2022-2023

Está aberto o prazo de matrícula do curso 2022-2023 desde o dia 27 de xuño ao 10 de xullo.

  • Hai follas de matrícula a disposición no centro. E como anexos desta nova.
  • O horario para entregalas é de 9:30 a 13:30.

Anotacións a ter en conta debido a que somos un centro cunha única liña de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais:

APERTURA DO PRAZO PARA REALIZAR AS SOLICITUDES DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS NO CENTRO DURANTE O CURSO 2022/2023

O obxectivo destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no MCERL.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare