Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Filosofía

Charla SOS Racismo

A pasada semana, tivemos unha charla impartida por SOS Racismo para concienciar sobre os estereotipos racistas na nosa sociedade

Charla-coloquio Activismo medioambiental

O pasado venres 3 de novembro, o noso alumnado de 4º ESO e 1º BACH, asistiu na Casa de Cultura a unha charla de Bernardo Caal, activista medioambiental guatelmalteco encarcerado inxustamente por defender á súa comunidade do expolio dos recursos naturais.

EXPOSICIÓN: SEN CANCELAS

 Premendo na imaxe de arriba podes botarlle un ollo.

Lucia Xiao gañou a Olimpíada Estatal de Filosofía categoría de vídeo.

A nosa alumna LUCÍA XIAO QUINTAIROS BARBOSA, de 1° Bac, gañou a Olimpiada Estatal de Filosofía na categoría de vídeo. Sentimos moito orgullo pola nosa alumna, e igualmente pola profesora María de Toro por incentivar a creatividade e o espíritu crítico entre o alumnado.

Lucía Xiao gaña a Olimpiada filosófica representando ao IES de Allariz na modalidade de video!

Noraboa á nosa alumna Lucía X, de 1º de Bacharelato Ciencias por ese premio tan merecido.O tema de este ano era o Transhumanismo, os cambios que sufrirá a nosa especie coa introdución da tecnoloxía .As metas desta tecnoutopía son mellorar as nosas capacidades intelectuais, físicas e mesmo morais, e incluso conseguir a inmortalidade.

Charlas de transxénero e diversidade afectivo sexual

O mércores 16 tiveron lugar no noso centro unhas charlas sobre transxénero e diversidade afectivo sexual pola asociación Amizando en 1º de bacharelato e co alumnado de Filosofía de 4º da ESO. Francamente interesantes!

11 de outubro, Día de saír do armario.

Este 11 de outubro o centro celebrará o día de Saír do Armario. O noso centro é un espazo libre para as distintas expresións de xénero porque somos un centro inclusivo e igualitario.

Moz@s de Primeiro! Imos adentrarnos na Lóxica

 

Esta semana toca cambiar de tema, esta vez hai menos teoría e mais práctica.Aquí vosa deixo un video para ir abrindo apetito:

Un video sobre Hume

Valores éticos...cantos temas que tratar!

Estos son os problemas éticos sobre os que estamos reflexionando nas clases:

Primeiro da ESO:Os Dereitos humanos: Norte e Sur, Familia, Identidade, Dereitos Humanos

Segundo da ESO: A escravitude na historia e na actualidade.

Terceiro da ESO: Os sentimentos, a personalidade, os trastornos alimenticios e adiccións-drogas

Cuarto da ESo: Consumismo e Felicidade, a ética nos negocios.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare