Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Física e química

VISITA A EXXPERIMENTA EN FEMININO. UVIGO

O 16 de febrerio o alumnado de 1º BAC CIENCIAS participou na VII Xornada de Exxperimenta en Feminino.

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

No seguinte vídeo podedes botarlle unha ollada ao día da Nena e a Muller na Ciencia no IES. Parabéns ás alumnas de FQ e BioXeo.

DE ONDE SAEN OS MEDICAMENTOS?

O día 8 de febreiro tivemos o pracer de poder contar con Luís Miguel Botana López profesor, doutor e catedrático da USC.

VISITA AO CIQUS

O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias e máis algún da materia de CAAP de 4º ESO e de CTMA de 2° de Bac (ciencias sociais), coñeceron de primeira man o que é e o que se está a facer no CiQUS.

Velaquí a nosa visita!!

Xa podemos ver ao noso alumnado no programa da TVG: Aquelando con Chispa

No curso pasado algunhas/algúns alumnos/as de  2º da ESO (hoxe xa en 3º) participaron con experimentos e explicacións no programa da TVG: Aquelando con Chispa. 

Ciencia no patio: desfruta experimentando

Alumnado de 2º ESO realizou e gravou en vídeo experimentos sobre a viscosidade dos líquidos e os fractais, guiados polas súas profesoras de Física e Química.

Dous dos vídeos, que aparecen a continuación, foron enviados á TVG para que sexan emitidos no programa de divulgación científica, "Aquelando con Chispa".

Experimento sobre fractais realizado por Roi Cid González e Paulo Cordeiro Caneda:

Día internacional da muller e a nena na ciencia

O pasado Luns 11 de Febreiro as alumnas de 1º Bacharelato de Ciencias, Duna Cid e Paula Segura acudiron a unha Masterclass, na facultade de Física de Santiago de Compostela, onde levaron a cabo actividades relacionadas coa Física de Partículas así como unha videoconferencia con varias universidades españolas e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

 

VISITA A I XORNADA DE DIVULGACION EN CIENCIA, TECNOLOXÍA, ENXEÑARÍA E MATEMÁTICAS

O próximo venres 16 de febreiro os alumnos de 4º ESO de Fisica e Quimica e 1º Bacharelato de Ciencias acudirán as  I Xornadas de Divulgación Científica en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaria e Matemáticas no Campus de Ourense

 

Curso 2017-2018

Toda a informacion sobre os distintos cursos que imparte o departamento. O profesorado de Fisica e Quimica no curso 2017-2018 é:

    • 2º, 3º, 4º ESO e Física de 2º Bacharelato, Mª Del Pilar Mera Cid
    • 1º Bacharelato e Química de 2º Bacharelato, Rosa Méndez Campos
Distribuir contido

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare