Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Taboleiro

Bases do sorteo das rifas da excursión do centro

Bases do sorteo:

 

Traballos do alumando: "25 novembro día contra a violencia de xénero" (Video + Carteis)

En conmemoración do "día contra  violencia de xénero" queremos felicitar e  recoñecer a valía e o bo facer do noso alumnado expondo os seus traballos  que están a participaren en varios concursos: un para conmemorar este día 25 de novembro co lema "NON Á VIOLENCIA" e outro en relación co proxecto ·famecero· relacionado coa FAO e o  "DIA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN" . Noraboa  a tod@s  e a seguir así!!!

     Autores/as: Alejandro Camba, Eva Cid, Estela Vázquez  (4º ESO A/B)

 

 

   

Concursos de elaboración de carteis e audiovisual

Coincidindo coa celebración de dúas datas moi importantes: "O día mundial da alimentación" ( 16 de outubro ) e "O día internacional contra a violencia de xénero" (25 de novembro ),  lánzanse estes dous concursos de elaboración de carteis destinados ó alumnado de secundaria. Sería para nos como comunidade educativa motivo de grande ledicia que participarades mostrando os vosos talentos e valores. As datas para presentación de traballos son ata o día 9 de novembro. Son concursos independentes e cada centro só pode presentar un traballo por cada concurso polo que se fará unha selección do que se considere o mellor traballo.

IMPORTANTE!!!: CONSULTAR BASES DE CADA CONCURSO NOS FICHEIROS ADXUNTOS

Para máis información tamén podedes facer click en cada unha das imaxes de embaixo e se tedes algunha dúbida sobre a inscripción poñedevos en contacto coa Vicedirección do centro. Moito ánimo!!!

   

          

 

 

Arnoia Bouzas e Iván Feijoo, outros antigos alumnos do IES de Allariz que son noticia

O exalumno do IES de Allariz Iván Feijoo gaña o campionato de España junior de bicicleta de montaña, mentres que a exalumna Arnoia Bouzas conta as súas ricas experiencias educativas, en tódolos sensos, por Europa adiante (Trieste. Londres, Turín, Boloña...)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/allariz/2017/01/09/dotta-rossa-allariz/0003_201701O9C8991.htm

http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/nadie-puede-ivan-feijoo/20170109085312676664.html

Arnoia BouzasIván Feijoo

PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE DE CARREIRA

     Raquel Pérez Orozco, antiga alumna deste centro, acaba de obter o Premio Extraordinario Fin de Grao (Enxeñaría da Enerxía) da Universidade de Vigo.


     Felicidades por este recoñecemento ao seu magnífico traballo.  

ALUMNOS PREMIADOS

No concurso "Facendo historias de muller", convocado por Solidariedade Internacional de Galicia, o alumno de 2º ES0 Luis Pérez Álvarez acadou o primeiro premio de relatos, mentres que Celso Simón Ons Castro e Cristian Rivero Vidal, tamén de 2º ESO, obtiveron o primeiro premio de fotografía.

Tanto o relato como a foto serán próximamnete publicados nun libro.

 

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare