Título node Learning object
A Secretaría Xeral de igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.
Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Lema obrigatorio: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Destinatarios: centros de ensino non universitario; poderán presentarse por cada categoría e modalidade
Participación: equipos constituídos por 1 docente e ata 5 alumnos/as; procurarase o equilibrio na participación de alumnas e alumnos en cada equipo.
Categorías:
- 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
- 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato
Modalidades:
- Imaxe gráfica (formato A3)
- Audiovisual
Prazo de presentación dos traballos: ata o 9 de novembro de 2018, ás 15.00 h
Para obter máis información pódese consultar as bases da convocatoria no PDF que se anexa ou contactar cos seguintes servizos:
- SUBDIRECCIÓN XERAL PARA O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza)
Begoña Sieiro
981-957784 - ASESORÍA DE IGUALDADE (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional)
Mónica Baleirón
881-997598