Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Complementarias

Fin dos Recreos Activos

Rematamos cos Recreos Activos deste curso 2023-24 no cal o noso alumnado participou en actividades diversas coma Fit-tok, Floorball, Tenis de Mesa, Datchball, Futsal, Concurso de triples ou Voleibol.

O RíO ARNOIA

O luns 16 de abril o alumnado de 4º ESO B e C foi ao río Arnoia para facer unha análise Físico/Química e Biolóxica da auga e unha valoración da Flora da ribeira. Dita actividade pertence ao Plan Proxecta: O Monte Vivo.

 

Día de Rosalía

Hoxe na biblioteca, celebramos o Día de Rosalía co recitado de poemas de Rosalía por parte de alumnado da ESO e lectura do manifesto. A Biblioteca estaba engalanada con paraugas decorados polo alumnado con poemas e motivos relacionados coa nosa grande escritora.

 

 

VIII CONCURSO ESCOLAR DE CREACIÓN ARTÍSTICA . Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Velaquí un vídeo cos traballos do noso alumnado que participou neste concurso escolar. PARABÉNS!!

Día da Paz 2024

Conmemoramos o do Día da Paz nun acto no que recordamos con tristura os conflitos armados existentes na actualidade no mundo.

Manteñamos limpo o Arnoia

Valeria, Leo e Hugo, alumnado de 1ºESO, escolleron o río Arnoia ao seu paso pola vila, como escenario para presentarnos o seu proxecto de construción dunha depuradora caseira. Queren concienciarnos da importancia de evitar a contaminación dos nosos ríos

Visita a museos en Santiago de Compostela

O día 1 de decembro, alumnado de 4º ESO visitou o Museo do Pobo Galego e o de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela participando en obradoiros.

Tertulia co autor Francisco Castro

Hai uns días recibimos a visita do autor Francisco Castro e mantivemos unha charla sobre o seu libro: "Isto si é un home"

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare