Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Educación Física

Piragüismo-Dragóns en Castrelo de Miño

Alumnado de 1º ESO acudiu o embalse de Castrelo de Miño para practicar piragüismo en embarcacións de 20 prazas ("Dragóns")

Andorra 24

 Preme na enlace para ver o ben que o pasou o alumnado de 4º ESO na súa viaxe de fin de etapa en Andorra

https://drive.google.com/file/d/1YJBIffjHcGu_aKLPhQ5sP2oxr7bwXTS3/view?usp=sharing

Xogade-Cros

O pasado venres 17 de novembro, alumnado de 1º a 3º ESO participou na fase zonal de Cros do Xogade desfrutando dunha xornada deportiva e acadando moi bos resultados (como podedes ver nas fotos adxuntas)

Rafting no río Miño 2023

O pasado martes 17 de outubro, o alumnado de 1º Bach desfrutou dunha xornada de rafting polo río Miño ao seu paso pola localidade pontevedresa de Arbo.

Premede na imaxe superior para ver as súas habilidades...

II Carreira Andaina Solidaria

O pasado mércores 26 de abril,  todo o alumnado da ESO do IES Allariz,  e o de 6º Primaria dos CEIP Padre Feijoo (Allariz) e CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía) participaron na II Carreira Andaina Solidaria a favor da Asociación A.N.D.R.E.A.

Salientar o grande esforzo realizado co fin de recadar a maior cantidade de diñeiro posible, dando voltas ao percorrido dun kilómetro polo casco histórico da nosa vila (ver fotos...)

Moitas grazas a todos/as!!!

Viaxe a Andorra

Do 11 ao 18 de febreiro, o alumnado de 4º ESO, desfrutou da súa viaxe de fin de etapa en Andora; realizando actividade física, en contacto coa natureza e con moita diversión durante todas as xornadas!

Xogade, Campo a través

O pasado martes, alumnado de 1º, 2º e 3º ESO representou ao noso centro no campionato comarcal de “Campo a través” nas instalacións deportivas de Monterrei (Pereiro de Aguiar)

Ademais de disfrutar dunha xornada deportiva cun moi bo ambiente entre os participantes, acadamos excelentes resultados nas diferentes categorías.

Noraboa a todo o noso alumnado!!

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare