Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

ACTUACIÓN MUSICAL FIN DE CURSO 22-23

O 20 de xuño fixemos unha actuación musical na que o alumnado de música e o seu profesor nos presentaron varias pezas. Algún profesorado tamén participou con coreografías e cancións!!

O DEBATE FINAL DE REGUEIFIÑAS

Velaquí un vídeo do noso paso pola final de REGUEIFIÑAS 2023.

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

No último mes deste curso estivo de visita o alumnado de CEIP Padre Feijoo (Allariz) e do CEIP Padre Crespo (Xunqueira).

Que ben o pasamos! Agardámosvos para o vindeiro curso!

ENTREGA DO RECADADO A A.N.D.R.E.A

Neste mes de xuño fíxose entrega do recadado na II Carreira/Andaina Solidaria á  asociación A.N.D.R.E.A. A asociación agasallounos co apadriñamento dun dos seus burriños durante un ano.

 

COÑECENDO O MIÑO AO SEU PASO POR OURENSE

O 15 de maio o alumnado de 1º ESO puido coñecer de preto o Miño no seu discorrer pola cidade das Burgas. Podedes velo no seguinte vídeo:

ERASMUS +. MOBILIDADE ALUMNADO 23-24

Máis info na seguinte ligazón:

MOBILIDADE ALUMNADO 23-24

PROGRAMACIÓNS CURSO 22-23

A través da seguinte ligazón pódese acceder ás programacións dos cursos pares (LOMCE) 22-23 e ás adendas correspondentes:

PROGRAMACIÓNS 22-23 

EXPOSICIÓN: SEN CANCELAS

 Premendo na imaxe de arriba podes botarlle un ollo.

CONVOCADAS PRAZAS DE RESIDENCIA PARA REALIZAR ESTUDIOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2023/24

 Prazo para presentar solicitudes nos centros residenciais docentes de Ourense, Vigo e a Coruña:

- Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

- Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare