Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

SAMAÍN 2023

Catálogo online da Biblioteca do IES de Allariz

Incorporamos o catálogo online da Biblioteca do IES de Allariz á nosa web, xa non tedes escusa para buscar libros, e lelos Risa, na nosa biblioteca!

Está no menú da dereita co icono da imaxe.

Rafting no río Miño 2023

O pasado martes 17 de outubro, o alumnado de 1º Bach desfrutou dunha xornada de rafting polo río Miño ao seu paso pola localidade pontevedresa de Arbo.

Premede na imaxe superior para ver as súas habilidades...

Probas de acreditación de Linguas Estranxeiras curso 2023 - 2024

Convocatoria para a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro ata o día 2 de novembro incluído a solicitude de participación cuberta e asinada.

Non se recollerán solicitudes por correo electrónico.

ERASMUS+ MOBILIDADE DE ALUMNADO A ITALIA (PARMA)

Publicación da listaxe definitiva do alumnado que participará na mobilidade a Italia no curso 2023-2024

ERASMUS+ MOBILIDADE DE ALUMNADO A ITALIA (PARMA)

Selección provisional de Alumnado para a mobilidade Erasmus+ a Italia no curso 2023-2024

Inicio do curso 2023-2024

O curso comezará para o luns 11 ás 8:30 para o alumnado da ESO e ás 9:20 para o alumnado de bacharelato. O alumnado terá unha sesión de 8:30 a 10:10 coas titorías e a partir do primeiro recreo comezarán as clases co horario de todos os cursos, ata ás 14:10 e pola tarde de 16:00 a 17:40. 

Podedes ver o lugar onde se vos chamará indicándovos en que grupo estades nestas instrucións.

Materias que NON se impartirán no curso 2023-2024

Por falta de alumnado ou por cuestións organizativas dos horarios as seguintes materias NON se impartirán no curso 2023-2024:

3º ESO

Sección bilingüe de Xeografía e Historia.

Portugués.

Cultura Clásica.

4º ESO

Portugués.

1º Bacharelato

Anatomía Aplicada

Cultura Científica

Debuxo Técnico I

Literatura Galega do século XX e a actualidade

Linguaxe e Práctica Musical

2º Bacharelato

Psicoloxía

Aberto prazo de matrícula para curso 2023-2024

Aberto o prazo de matrícula deste o 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023 para o curso 2023-2024. Podedes descargar as follas de matrícula:

Distribuir contido

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare