Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Charla sobre empatía e respeto

O pasado luns 5 de febreiro, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita do escritor Manuel Fontemoura, o cal impartiu unha charla sobre a necesidade da empatía e o respeto na sociedade actual.

DE ONDE SAEN OS MEDICAMENTOS?

O día 8 de febreiro tivemos o pracer de poder contar con Luís Miguel Botana López profesor, doutor e catedrático da USC.

Día da Paz 2024

Conmemoramos o do Día da Paz nun acto no que recordamos con tristura os conflitos armados existentes na actualidade no mundo.

Aprobado un novo capítulo IV das NOFC do centro.

Co ánimo de seguir mellorando a convivencia no centro aprobamos unhas novas normas que rixen os comportamentos leves contrarios á convivencia (os graves seguen un procedemento recollido no decreto 8/2015). A gran novidade destas novas normas é a introdución dun puntos que gradúan a gravidade das condutas coas súas correspondentes medidas así como procedementos para suprimir estes puntos, por exemplo sen condutas contrarias durante un certo período etcétera.

PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL-FP

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A solicitude de inscrición realizarase telemáticamente. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Tertulias Literarias Ourense

O pasado día 24 de xaneiro, algún alumnado de 4º ESO e 1º de Bach asistiron a unha Tertulia Literaria en galego sobre a obra"As alumnas" de Paula Carballeira e ao posterior encontro que se celebrou no Liceo de Ourense desde as 16:00 ás 19:30

SOLICITUDE BONO DEPORTE XUNTA

As familias do alumnado participante no Cros do Xogade do mes de decembro, pode solicitar o Bono Deporte da Xunta de Galicia.

Manteñamos limpo o Arnoia

Valeria, Leo e Hugo, alumnado de 1ºESO, escolleron o río Arnoia ao seu paso pola vila, como escenario para presentarnos o seu proxecto de construción dunha depuradora caseira. Queren concienciarnos da importancia de evitar a contaminación dos nosos ríos

Visita a museos en Santiago de Compostela

O día 1 de decembro, alumnado de 4º ESO visitou o Museo do Pobo Galego e o de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela participando en obradoiros.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare