San Valentín 2019
San Valentín chegou puntual ao instituto, o día 14 de febreiro, a repartir amizade e amor entre o alumnado e o profesorado. Un grupo de CUPIDOS dispúxose a repartir os caraveis , engalanados para a ocasión, entre todos os seus compañeiros e compañeiras e profesorado.
Feliz San Valentín para todos e todas.
Booktubers 2.0
Este curso experimentamos o que se sente ao ser un Booktuber. O alumnado de Bacharelato realizou un videotitorial sobre os seus libros favoritos e sobre o ranking de libros da súa vida. Non o perdades e dádenos un “LIKE”…
Impartición dos cursos AFD
No ficheiro adxunto atoparedes o curso AFD que se está a desenvolver actualmente no noso centro
Visita á TVG
O alumnado de 1º e 2º bac asistiron no mes de febreiro ás instalacións da TVG. Puidemos coñecer máis de cerca a profesión de xornalista, as cuestións técnicas e as curiosidades da nosa televisión pública. Entre outras platós, visitamos tamén o de “Coma un allo”.
1º da ESO no Teatro Principal
O venres8 de febreiro o noso alumnado de 1º ESO estivo no teatro Principal para disfrutar da obra “Vogando nos contos”. Representada por “Avelaíñas Teatro” é unha obra que mergulla ao espectador a través de múltiples contos no interese pola lectura e a tradición como ferramentas que fomentan os valores.
PLAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD
PLAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL. Interesados presentarse no Centro ANTES DO VENRES 22 DE FEBREIRO 2019 para REALIZAR A PETICIÓN DE ADMISIÓN
Pinchando aquí tedes toda a información do curso
Actividades Dinamización da Lingua Galega
ACTIVIDADES DINAMIZACIÓN 2018 -19
1º TRIMESTRE
-
Concurso Cabazas Samaín 1018
-
Presentación power point sobre o Samaín e presentada aos 1º e 2º ESO
-
Exposición Samaín no 1º andar
-
Concurso Fotos Igualdade para o 25 de novembro ( todo o centro)
-
Concurso Postais de Nadal 2018 ( todo o centro)
-
Día da Ciencia en Galego “ A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”
-
Visita “ O Ártico arde” exposición de EduCaixa
2ºTRIMESTRE
-
Saída didáctica a Santiago ( TVG, Museo do Pobo Galego e Gaias) ( 1º e 2º bac)
-
Exposición de máscaras de ANtroido ( 1º a 4º ESO)
-
Traballo sobre gastronomía de inverno: cocido e repostería (1º e 2º ESO)
-
Exposición e presentación sobre o antroido da zona: A PITA DE EIROAS - Saída ao circuito TINTIMÁN para 1º ESO
3º TRIMESTRE
-
Celebración da semana do libro , a finais de abril ( todo o centro) , coa asistencia de diferentes autores e autoras relacionados coas lecturas obrigatorias do curso.
-
Celebración da Semana das Letras Galegas, coa exposición do autor homenaxeado ( Antón Fraguas) e asistencia de diferentes escritores
-
CONCURSO DE LEMAS en galego para imprimir logo nalgún obxecto concreto.
-
Presentación ao concurso de “Os Maios” promovido polo Concello de Ourense
Semana da Empresa e o emprendedor
A próxima semana desenvolverase a IV Semana da Empresa no noso IES. As ponencias faranse no salón de actos entre as 11.30 e 13 horas, e nelas participarán alumnado de Ciclos Formativos e Bacharelato.
PLAZAS LIBRES PARA EL CURSO AFD DEL CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD: MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA.
Interesados presentarse en el Centro ANTES DEL VIERNES 25 DE ENERO 2019 para REALIZAR LA PETICIÓN DE ADMISIÓN
Tedes toda a información pinchando aquí
Entrega de cestas sorteo viaxe didáctica Bruxelas-Ámsterdam e saída didáctica Fragas do Eume
O 24 de decembro fíxose entrega das cestas de Nadal sorteadas para recadar cartos para a viaxe didáctica a Bruxelas e Ámsterdam e para a saída didáctica ás Fragas do Eume.
O boleto gañador foi o número: 07181, é dicir, aquel que coincidíu coas catro últimas cifras do sorteo da once do 21 de decembro, tal e como figuraba nas rifas.
Este boleto foi un dos que quedou no centro sen vender, polo que o premio declarouse deserto. Por esta razón, faise unha donación do mesmo ao comedor social de Cáritas. Nas fotografías o vicedirector do noso centro acompañado dunha profesora fan entrega das cestas cargadas de alimentos a encargada e os voluntarios e voluntarias deste comedor.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »