Sobre a biblioteca

  • O uso da biblioteca está aberto a toda a comunidade escolar.
  • O alumnado libre poderá utilizala, desde que se matricula até a data establecida para a devolución do material ou até que faga a proba libre, nas mesmas condicións que o alumnado oficial.
  • O antigo alumnado tamén poderán usar a biblioteca, sempre que acheguen todos os seus datos persoais e que reciban un número de usuario.
  • O profesorado e os PAS forman parte da comunidade escolar, polo que tamén poderán gozar do préstamo dos fondos da biblioteca, nas mesmas condicións que o alumnado.
  • Tamén poderán utilizar a biblioteca as persoas que participen nos clubs de lectura.
  • Só se emprestará o material que estea marcado como tal. De forma xeral, quedarán excluídos do préstamo a domicilio (aínda que se permite a consulta na sala) as obras de referencia: enciclopedias, dicionarios, bibliografías etc.
  • O préstamo será de 15 días, renovables unha vez, de xeito habitual. Excepcionalmente, poderanse realizar préstamos máis longos (clubs de lectura, préstamos a outros centros, préstamos ao profesorado).
  • Nos períodos de vacacións cando non hai servizo de préstamo e nalgún outro día que se suspenda o servizo, os libros emprestados ou renovados non terán que devolverse ata o primeiro día con servizo de empréstito.
  • O préstamo de material a domicilio finalizará cando rematen as clases. Todo o material prestado deberá ser devolto antes do 30 de xuño de cada curso.
  • O centro tamén poderá establecer un período de préstamo a domicilio durante os meses de verán. Nese caso os exemplares devolveranse a comezos de setembro.
  • O incumprimento dos prazos de devolución poderá ser motivo de suspensión do dereito de uso do servizo de empréstito por un período equivalente ao tempo excedido. As persoas usuarias da biblioteca son responsable dos materiais que leva en empréstito. Quen perder ou danar o material será responsable da súa reparación, reposición ou pagamento do seu valor actual no mercado, non podendo facer uso do servizo do préstamo mentres non resolva o problema.
  • A biblioteca está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, polo que o conxunto de persoas usuarias da biblioteca da EOI de Lugo poderán gozar de todos os servizos desta rede.
  • A biblioteca estará xestionada por un equipo de profesorado, que se encargará de abrir a sala de lectura, realizar a catalogación, o préstamo e a devolución dos fondos, ademais de realizar actividades de dinamización da biblioteca.
  • O horario de atención ao público publicarase ao comezo de cada curso. A biblioteca permanecerá aberta como sala de lectura todos os días lectivos, de acordo coas posibilidades do equipo. En caso de ausencia do profesorado de garda de biblioteca, poñerase un aviso na porta.
  • A biblioteca está integrada no programa de voluntariado, polo que poderá haber alumnado colaborador.
  • O alumnado colaborador deberá asinar un documento de confidencialidade, xa que terá acceso ao ordenador da biblioteca.
  • A sala de lectura tamén poderá empregarse como lugar para realizar actos culturais e de dinamización da biblioteca, así como clubs de lectura. Nese caso, poderase solicitar ao alumnado presente que se incorpore ao acto ou que abandone a sala. A coordinación de biblioteca será avisada coa suficiente antelación da realización destes actos.
  • Para o alumnado que desexe estudar en silencio, deberá utilizar a aula 7.