8- Sobre o uso dos taboleiros

Onde podo informarme do que pasa na escola?

Por toda a escola atopará tabolerios con distinto tipo de información. Consulte aquí o plano do primeiro andar da escola  e o plano da planta baixa co uso dos taboleiros.

Nada mais entrar na escola no taboleiro que hai ao lado da porta atopará a información académica mais importante nese momento (principalmente exames e matrícula, pero tamén un plano da escola e outra información relevante)

Ao lado da secretaría atopará a información relacionada coas xestións que alí se realizan.

Tamén ao lado da secretaría e mais abaixo, ao lado da conserxaría, atopará a información relacionada coas actividades culturais

 

Onde podo informarme sobre outros cursos de idiomas?

Principalmente, nos taboleiros que se achan fronte os departamentos, no primeiro andar ao fondo.

 

Onde podo informarme sobre outras actividades culturais en Lugo?

No taboleiro que se acha ao lado da sala de actos no primeiro andar.

 

Podo usar os taboleiros da escola para pendurar a información que eu desexe?

Si, mais só naqueles que se atopan fronte a bilioteca e sempre que non sexan de carácter ofensivo.