Sobre o ensino a distancia (That's English)

Pódese estar matriculado na E.O.I. na modalidade de presencial no idioma de inglés e en That's English?
Non. De estar matriculado nos dous sitios durante o mesmo curso escolar anularíase a matrícula que se formalizou máis tarde.

Ten a mesma validez o resultado da proba de clasificación que se realiza nas EE.OO.II. que para That's English?
Si, se realiza a proba de clasificación nunha E.O.I. o resultado desta é valido para acceder directamente ao curso en That´s English.

Xa fixen estudos nunha E.O.I. na modalidade de presencial, son antigo ou novo alumno en That's English?
É novo alumno polo que tería que aboar o importe de matrícula para este tipo de alumnado.

Xa fixen estudos en That's English, son alumno antigo ou novo nunha E.O.I.?
É antigo alumno.

En That's English pódese fraccionar o pagamento da matrícula?
Non.

Hai límite de convocatorias en That's English?
Si, as mesmas que para a modalidade presencial (4 anos por nivel: básico, intermedio e avanzado).

Inflúen o número de convocatorias que se realizan na modalidade de presencial para matricularse en That's English?
Si, e viceversa. As convocatorias que o alumnado faga nunha das modalidades (presencial ou That's English) contabilizanse tamén ao mudar de modalidade.

Matriculeime no período de xuño-xullo na modalidade de presencial e agora en setembro quero matricularme no That's English, que teño que facer?
Primeiro ten que solicitar a renuncia da matrícula feita na E.O.I. Aínda que se renuncie a esta matrícula non se devolve o importe de taxas que se pagou nese momento.
Despois pode realizar a preinscrición e a matrícula en That's English aboando o importe estipulado para a matrícula nesta modalidade.

Podo solicitar en That's English a devolución do importe de matrícula?
Unha vez formalizada a matrícula só se procede a devolución do importe no suposto que dita matricula deba ser anulada por causas xustificadas non imputables ao interesado e dentro da data estipulada que fixa a Consellería.

Ata cando podo renunciar ás convocatorias en That's English?
Pódese renunciar antes da primeira convocatoria de avaliación de cada curso (habitualmente, en xaneiro). A aceptación desta solicitude de renuncia non lle da dereito á devolución do importe dos materiais correspondentes ao curso pero lle permite matricularse no curso seguinte sen efectuar de novo o pago correspondente ao material didáctico.

Onde se poden ver as cualificacións dos exames de That's English?
Cada alumno ten que entrar na páxina web www.thatsenglish.com co usuario e contrasinal que se lle enviou ao inicio do curso ao seu correo electrónico.

Estiven matriculado en That's English e quero matricularme na E.O.I. na modalidade de presencial, como teño que facer?
Se foi alumno de That's English durante o curso actual e aprobou o curso na convocatoria de xuño ou en setembro, e o próximo curso se quere matricular na E.O.I., ten que poñerse en contacto ca oficina de That's English o antes posible para poder dalo de alta no programa de Centros Net e para que poida formalizar a súa matrícula. Neste caso os alumnos non van ao sorteo que realiza a escola para adxudicar as plazas.
Se foi alumno de That's English en cursos pasados, unha vez que teña a praza adxudicada na E.O.I. ten que solicitar o traslado de expediente a That's English. Neste caso os alumnos van ao sorteo que realiza a escola para adxudicar as plazas.

Estiven matriculado nunha E.O.I. e quero matricularme en That's English, como teño que facer?
Debes de solicitar o traslado de expediente a E.O.I. e achegalo coa matricula de That's English.

Estou matriculado no curso actual en That's English e quero matricularme por libre, podo facelo?
Podes matricularte sempre e cando non sexa no mesmo nivel no que esteas matriculado en That's English, exemplo: se estás matriculado en Intermedio 2 non podes matricularte por libre para a proba de certificación de Intermedio.