Skip to Content

Así traballamos

FESTEXAMOS O ENTROIDO

 

 

Comezamos o Entroido na nosa escola é hoxe o meco deixounos vir como mais nos gustara, que ben o pasamos todos xuntos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día do puzzle 29 de Xaneiro

        

 

Na biblioteca dá escola tiñamos preparados diferentes puzzles, de mais sinxelos a mais complexos. Pero sempre para facelo equipo.

 

 

Tempo de recreo: que facer cando chove

 
 
E CANDO CHOVE..... POIS QUE CHOVA
 

UN CONTO DE BRUXAS

Hoxe tivemos  unha visita moi especial, a da bruxa discordia que viño a contarnos un conto con moitos valores e secretos para convertir tódalas cousas que nos fan discutir en cousas boas .

 

 

As apertas como nos gustan e  coidar dos nosos amiguiños e amiguiñas moito mais. Grazas bruxiña boa.

 

 

 

CAMPAÑA "CADA NIÑO UN JUGUETE"

Cada ano o chegar o día da infancia gústanos falar cos nenos e nenas dos seus dereitos,sendo un deles "Dereito a xogar". O cal lévanos a reflexionar que nós temos moitos xoguetes e outros nenos non teñen.Por iso decidimos participar na campaña" "Cada niño un juguete".Os nenos e nenas donan un xoguete que esté en boas condicións para que outro pequeno ou pequena podía xogar.

 

  

Esta campaña é unha iniciativa privada que leva xa  anos activa, podemos decirvos, xa que nós tamén colaboramos con eles na nave, que os xoguetes sempre chegan ós nenos e nenas.

Se queredes contactar coa asociación  podedes chamar a este teléfono, preguntando por Carlos

                  Teléfono: 622220859

ou no facebook: Cada niño, un juguete

DEBERÁN VIR DA SEGUINTE MANEIRA:

- OS XOGUETES VIRÁN LIMPOS, podedes limpalos con agua xabonosa.

 - TEÑEN QUE VIR ENVOLTOS CON PAPEL CELOFÁN TRANSPARENTE E LAZO para que nenas, nenos ou familias que os reciban poidan ver o xoguete.

- AS MONECAS TERÁN OS VESTIDOS LAVADOS.

- SE TEDES XOGUETES CON PILAS VIRÁN NOVAS, pensade que o xoguete ven envolto e a decepción do neno ou nena que o recibe se non funciona.

 - OS PUZZLES VIRÁN MONTADOS CON TODAS AS PEZAS.

  SE PODEDES VIR Á ESCOLA AXUDARNOS A ENVOLVER ALGÚN DOS XOGUETES QUE XA TEMOS NA ESCOLA, O OBRADOIRO SERÍA POLA MAÑAN O MARTES 12 DE DECEMBRO 2023 DE 9.45- A 11:00.

O DERRADEIRO DÍA PARA ENTREGAR NA ESCOLA SERÍA:

                                19 DECEMBRO 2023

PENSADE QUE O VOSO FILLO OU FILLA PODERÍA SER UN NENO QUE RECIBISE ESTE XOGUETE.

 MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

Día da Infancia

   Traballamos moito sobre a Infancia: Fogar, alimentación, roupa, dereitos, deberes... como remate da semana de investigación cada neno/a da escola preparou un boneco de sí mesmo.     

 

 

             

TODOS E TODAS CONTAMOS

Hoxe tivemos a visita duns e dunhas artistas moi especiais que viñeron a nosa escola cunha proposta inclusiva dándolle valor a diversidade, os afectos e as emocións. Igualarte robounos o corazón aquí vos deixo uns momentos da visita.

   

 

 

 

                                                

 

Distribuir contido


by Dr. Radut