Skip to Content

Participación na escola

AS FAMILIAS CONTAN CONTOS

¡Moitas gracias por participar!

 

 

 

 

 

Pluviometro

Día da Poesía

A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Internacional da Poesía, para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Na escola celebramos este día recitando varias poesias entre todas as clases e tamén contamos coa participación das familias.

Os Canguros: Ruídos (Ana Maria Fernández)

Os Koalas: O Sol (Antonio García Teijeiro), CHIP CHOP

Os Elefantes: inverno ( Antonio García Teijeiro)

Todo o alumnado: Rain on the Grass

Outros Poemas: Familias 6º Infantil

Quen ben o fixeron! BRAVO!

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Participación das Familias na Escola

A nosa é unha escola participativa, pois cremos que profesorado, familias, nenas e nenos, outros grupos sociais  (como a asociación cultural,os centros de maiores da parroquia, a escola de primaria, ...,), cada quen dende a súa perspectiva e contexto pode aportar e enriquecer o desenvolvemento educativo do noso alumnado e axudar no seu crecemento.

As familias participan connosco en:

  • Un  grupo de teatro:

Dúas veces no curso, en Nadal e a final de curso, este equipo representa un conto adaptada a texto teatral; en Nadal con títeres; a Finais de Curso,como función teatral.

No Entroido este grupo elabora o meco da escola e o día do desfile disfrazados para o evento acompáñannos ata o Torreiro onde nos xuntamos coa escola de primaria, cantamos bailamos e queimamos os nosos Mecos. 

O grupo elabora decorados, títeres, vestiario ...., todo  o necesario para estes eventos

 

 

 

  • Un grupo de biblioteca:

Un día  á semana, pola mañá, as persoas que se apuntan a este grupo, veñen á escola para xestionar, coa axuda das mestras encargadas, o préstamo de libro da nosa biblioteca. Colaboran nos contacontos, festas do Día do libro, do Libro Infantil... axudan a catalogar e  a xestionar o servizo de mantemento da biblioteca.

 

  • Un equipo de horta:

 

As familias axudan na plantación dos nosos productos na horta, facendo pequenos obradoiros nas aulas de reciclaxe, manualidades, saídas ao bosque, contacontos...  

 

  • Ademáis contamos coa colaboración das familias para:

A celebración do entroido creando un obradoiro de elaboración de disfraces con amplo horario de mañá e martes á tarde para realizar os traxes que logo vestiremos no desfile.

Acompañarnos nalgunhas saídas como persoal coidador

 Axudar a vestir e maquillar nenos e nenas para as representacións que realizamos na escola.

 

Colaborar na elaboración dos proxectos de escola ou aula.

Contarnos contos ou recitar poemas,tocar instrumentos ou cantar,expricarnos cousas interesantes do seu traballo ou lecer,....

Participar connosco en festas, representacións e outros eventos.

                                 

 

                       ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

PORTAS ABERTAS

27/02/2018 11:02

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut