Skip to Content

Aula do anano

Xogos dos Reis Magos

Cando tivemos a visita dos Reis Magos trouxeron moitos agasllos para xogos en parellas e pequenos grupos.
Na nosa Biblioteca escollimos os de cartón. Así de ben o pasamos.
 
 

Galiñas e pitiños

              Novo xogo:  todos a escapar da Galiña que quere atrapar aos pitiños. 

“DÍA INTERNACIONAL DA MONTAÑA” 11 DECEMBRO 2023

Neste curso co Proxecto Viz Natura estamos a traballlar sobre a flora autóctona e as árbores por iso quixemos celebrar " Día Internacional da Montaña".

Falamos de todo o que nos aporta a montaña, observamos as que temos Preto da escola, descubrimos o seu nome , a súa altura, falamos do que necesitamos para facer unha ruta pola montaña e fixemos un mural entre todas e todos.

 

Somos equilibristas

Xogo de equilibrio por parellas. Faremos o percorrido aumentando o nivel de dificultade nos obxetos de equilibrio.
 
 

Movemento decembro

E no mes de Decembro, nas clases de movemento preparamos o noso corpo para poder practicar as panxoliñas e os bailes de nadal.
 
 

Mañá de xogos: A petanca

Durante esta semana os Colibrís aprenderon a xogar a Petanca. Primeiro tivemos unha explicación, formamos os equipos e comezamos a xogar.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut