Skip to Content

ConviveT

Facendo un mapa ata a túa casa

A nosa compañeira quería que coñecéramos onde estaba a súa nova casa.

Así que collimos lápiz e papel e nos puxemos a camiñar.

Cada neno/a anotou o que era significativo para cada ún: árbores, papeleiras, coches aparcados, letreiros...

     

 

   

 

 

Movemento de xaneiro

Xa podedes practicar o noso movemento. Comezamos co mes de xaneiro.
 

Na touba do brión

Cociñamos coas famílias: Bizcoito polo nadal

Veu a nai de Xián a cociñar connosco un bizcoito de Nadal.

Moitas grazas por vir

 

 

 

Agasallos de Nadal para os avós

Aproveitamos os restos de ceras de estos anos na nosa Etapa de Infantil e cos moldes de silicona preparamos unhas pinturas de moitas cores para agasallar aos avos e avoas do centro de día no seus festival de nadal.
 

Movemento decembro

E no mes de Decembro, nas clases de movemento preparamos o noso corpo para poder practicar as panxoliñas e os bailes de nadal.
 
 

Proxecto Voz Natura : Coidamos o planeta

Este curso falamos da importancia de reciclar para coidar o noso planeta, fixemos varias actividades cos nenos e nenas: 

Puxemos un vídeo onde puidemos ver como as correntes mariñas arrastran os plásticos creando 7 illas de basura no mar.

Xogamos cun xogo elaborado polas profes para aprender a facer a clasificación dos resíduos de forma correcta nos contenedores e fixemos as nosas  papeleiras con cubos reciclados para ter na nosa aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut