As mestras da escola convertíronse por uns minutos nas protagonistas do conto de aventuras ``San Xurxo e o dragón´´Aquí vos deixo uns anacos da obra, disfrutade.
Onte tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial , os nenos e nenas do cole de maiores que viñeron a lernos uns contos co motivo da actividade de centro `` padriños e madriñas lectoras´´. Aqui vos deixo un resumo do ben que o pasaron os rapaces e rapazas.
Así celebramos o día do libro na nosa escola ca mellor compañía , as nosas familias. Entre todos e todas fixemos un marcapáxinas e tivemos un agasallo moi valioso , un conto para chear as nosas cacholas de moitas mais aventuras.
Así foi a visita que fixemos o teatro para ver a obra ``pingüin´´. Tivemos a sorte de poder ver de cerca os protagonistas e disfrutar un pouquiño mais se cabe destes persoaxes tan especiais.