Skip to Content

Visitas

Día Internacional das Persoas Xordas

 
Hoxe celebramos na escola o Día Internacional das Persoas Xordas.
 
Grazas a Elvira por vir contarnos un conto en linguaxe de signos.
 

ACTIVIDADE A FUNDACIÓN

           FRANKESTEIN.... TREME O MEDO

Dende AFundación ofrécennos esta obra de teatro. 

 ¿Qué se puede esconder en un oscuro castillo perdido en las montañas? Puede que algo que no quiere ser descubierto o algo que espera que lo descubran. Una aventura donde dos investigadores tratan de saber si el legendario monstruo de Frankenstein existe o no.

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

OUTRO DÍA VIÑERON Á ESCOLA A NOSA AMIGA UXIA QUE É CIENTÍFICA E ROQUE QUE É UN PEIXEIRO PARA FALAR CON NÓS DOS PEIXES, MOLUSCOS. EXPLICARÓNNOS QUE PROPIEDADES TEÑEN PARA A NOSA SAÚDE, COMO OS PESCAN E COMO OS ESTUDIAN.

 

PARA TERMINAR BAILAMOS UNHA CANCIÓN TODOS XUNTOS.

 Os koalas estiveron moi atentos na actividade

 

 

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Ao participar no Plan Proxecta: "Aliméntate Ben" a Consellería de Educación ofertou á escola o obradoiro "Fai clic a o teu bocata" tendo en conta o Decreto 330/2009, do 4 de xuño polo que se establece o currículo da Educación Infantil. Con esta actividade a Consellería quere facer fincapé en que é importante que a infancia teña unha dieta rica e equilibrada, xa que é fundamental para o seu crecemento. Os nenos e nenas deben aprender dende pequenos a levar unha alimentación equilibrada para que lles proporcione a enerxía necesaria para xogar, estudar, facer deporte... en definitiva, para realizar todas as actividades propias do día a día e que supoñen un gran desgaste físico.

 

 

 

Día das escritoras. A longa viaxe de Carambeliña Polar

Pouco a pouco imos retomando as visitas especiais á escola.

Hoxe disfrutamos da compañía de catro membros do Equipo de Teatro. Grazas a elas desfrutamos escoitando o conto "A longa viaxe de Carambeliña polar" da editorial Alfaguara de Ana Mª Fernández.

 

 

Rematado o conto cada neno/a da escola tivo que facer unha folerpiña para que fora amiga da nosa Carembeliña. Os mais pequenos cun pouquiño de axuda, pero os demais cun folio dobrado e unhas tesoiras crearon folerpas ben bonitiñas.

 

 

 

Se queredes saber como é o conto, aquí tedes un pequeno anaco.

Moitas grazas as mamás pola vosa axuda e esperamos vervos moi moi pronto.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da muller e a nena na ciencia

      

 Martes 11 de febreiro

Visitounos Lorena, que traballa en Pescanova, no laboratorio, buscando as bacterias nocivas para a saúde, coidando de que os alimentos cheguen á nosa cas en bo estado 

  

 

Expricounos moitas cousas do seu traballo, das ferramentas que usa, microscopio, tubos de ensaio, placas de cultivo,... 

Ó final entregounos un punto de lectura conmemorativo desta data e tamén uns caramelos.    

Grazas Lorena!!

Distribuir contido


by Dr. Radut