Skip to Content

Maios

Festa dos Maios

                           

 

Este ano retomamos a Festa do Maio.

O mércores 4 de Abril, faremos o noso maio. Precisamos que traiades pampullos, flores... para decoralo. As familias podedes vir dende ás 9:30h.

 

O Venres 6 de Abril, faremos o percorrido pola parroquia ata o Centro Cultural, onde merendaremos. As familias estades invitadas a acompañarnos. Recordade que debedes vir vestidos con moitas flores e traer un cesto con pétalos para botar ao remate da copla.

Nos vindeiros días levaredes a copla para aprendela.

  

CELEBRANDO OS MAIOS

QUERIDIÑ@S TOD@S:  QUE FERMOSOS SON OS MAIOS QUE ELABORÁCHEDES NAS VOSAS CASAS!

 AGORA TOCA CELEBRALO, CANTANDO E BAILANDO.  E NON HAI FESTA COMPLETA SEN UNHA BOA MERENDOLA, AXUDADE A PREPARALA COAS COUSAS QUE MÁIS VOS APETEZAN, MANDADE FOTOS.

PRIMEIRO PODEDES VER OS MAIOS ENTRE AS COPLAS DA NOSA CANTIGA. PODEDES IR CANTANDO. 

COMO REMATE IMOS DEIXARVOS UN FATO DE CANTIGAS PARA SEGUIR COA ESMORGA E ACOMPAÑAR A MERENDOLA.

SEGUINDO O COSTUME

DO ANO PASADO 

AQUÍ VIMOS NÓS

A CANTAR O

 

 

 AÍ VEN O MAIO

POLA CALLE DE ARRIBA

AÍ VÉN O MAIO

DE ROUBAR A MARABILLA.

 

 

 
   

 

 

 

 

 

           

 

 

 

AÍ VÉN O MIAIO

POLA CALLE DO MEDIO

AÍ VÉN O MAIO 

DE ROUBAR O VELOVELO

 AÍ VEN O MAIO 

POLA CALLE DE ABAIXO

AÍ VÉN O MAIO

DE ROUBAR O TIRABAIXO

 

ÉRGUETE MAIO,

QUE  TANTO DURMICHES

XA PASOU O INVRNO

E TI NON O SENTICHES! 

ÉRGUETE MAIO

,QUE TANTO DURMICHES

XA PASOU O BURRO

E TI NON O VICHES!

 

 

  SR. CORONAVIRUS

MÁRCHATE XA!

QUEREMOS LEVAR OS MAIOS 

Ó CENTRO CULTURAL!

 

AQUÍ ESTÁN OS MAIOS

DO MONTE DO ALBA,

CANTAMOS E BAILAMOS,

SEN MOVERNOS DA CASA.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN FEIXE DE CANCIÓNS PARA AMENIZAR A OCASIÓN.

https://www.youtube.com/watch?v=HPToSwNoiws

https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI

https://www.youtube.com/watch?v=5kPsKzd6Kn8&t=43s

https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0&list=RD4jtbAyVC7A0&start_radio=1

https://www.youtube.com/watch?v=QMrpNPHj-D4&list=RD4jtbAyVC7A0&index=4

https://www.youtube.com/watch?v=yEhQr_ROsJ0&t=22s

PARA BAILAR UNHA CONGA E CAMBIAR DE DIRECCIÓN CANDO CONTAMOS 123

https://www.youtube.com/watch?v=npkR82ERM4c&t=72s

oUTRA DE UXÍA LAMBONA

https://www.youtube.com/watch?v=oMmcstVxFoI

E SE QUEREDES MÁIS, AQUÍ UN ESPECTÁCULO DE CE ORQUESTRA FANTASMA PARA O SALÓN DO LIBRO DENDE A CASA

https://www.youtube.com/watch?v=Io4mqW81wlM

 

bAILADE E CANTADE RAPARIG@S, QUE XA CHEGOU O MAIO

 

 

 

 

 

AÍ VEN O MAIO

 ESTE MAIO É 

 O MES DAS FROLES 

 CANDO OS PAXARIÑOS 

 DEIXAN VER OS SEUS AMORES 

Aí ven o Maio! e imos celebralo un ano máis, coma sempre, queredes? Inda que este ano sexa diferente e non poidamos elaboralo xunt@s nin levalo ó Centro Cultural, si que podemos facer un, cada  quen na nosa casa. Como xa fixo Dany, un día que saiu de paseo e como fixeron  este domingo en casa de Xoán.

  

Podedes facelo grande ou pequeno, con flores do xardín, recollidas nos paseos ou feitas con papel, cartolina,...Tamén podedes usar ovos ou froitas e poñelo como centro de mesa.

  

 Atopei uns maios feitos con flores de papel e con material de refugallo,espero que vos inspiren. Usade a vosa creatividade!  Ah! pinchade nas fotos atoparedes dous vídeos, nun ides vernos outro ano cantando a nosa cantiga para que a aprendades, se queredes, e outro con "Ahi vén o maio" de Luis Emilio Batallán, cunhas imaxes de Maios tradicionais.

Facede o voso Maio e a vosa celebración durante esta semana e ide mandando fotos e vídeos que colgaremos o venres día 9,  día que eliximos pra facer a celebración da escola, ese día podemos, cada quen en cada casa, prepararnos unha merendola especial mentres vemos  tódolos maios e vídeos realizados.

AQUÍ VEN O MAIO,

DAS FROLES, DONO E SEÑOR,

  CARGADIÑO DE ESPERANZAS  

   ABRINDO AS PORTAS Ó AMOR    

Esta copla e a que está ó comezo, foron recollidas polo mestre Francisco Rey Rivero, compositor, director e fundador da coral Casablanca  e tamén do Coro do Náutico de Vigo. Foi un gran músico que deixou unha présa de pezas para ser tocadas e cantadas.

Coidádevos. Un bico

OS MAIOS DO MONTE DO ALBA

Cando chega a primavera para celebralo na nosa escola celebramos a "Festa dos Maios", é unha festa moi bonita xa que esta chea de cor, de alegría e de traballo en equipo.

As famlias buscan e recopilan flores, fiuncho.... e unha tarde imos todos xuntos a escola a preparar o noso maio para levalo o día seguinte o " Centro Veciñal e Cultural de Valladares". Cantamos o maio, e despois  agasállannos cunha merendola.

       É unha festa que nos encanta!!!

 Aquí podedes vernos cantando, PINCHADE 

           CANTAMOS O MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut