Skip to Content

Voz natura

SAÍMOS NA PRENSA

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE  ARTISTAS QUE FAN CO LIXO FERMOSAS OBRAS DE ARTE, COMO BORDALO II OU VERONIKÁ RICHTEROVÁ. FOI UN PROXECTO INTENSO NO QUE APRENDEMOS A REUTILIZAR E RECICLAR. PREOCUPAD@S POLO NOSO MAR, LIMPAMOS A PRAIA E APOSTAMOS POLA REDUCIÓN DO PLÁSTICO.

QUERES LER O ARTIGO QUE ESCRIBIRON NA VOZ DE GALICIA?

PINCHA NA FLECHA

Inspirándonos na obra de Bordalo ll fixemos unha obra comunitaria. Titulada: ”Balea”

Co noso proxecto "COIDEMOS O PLANETA", investigamos a obra de diversos artistas entre eles Bordalo ll, despois de ver algunhas das súas instalacións relacionadas cos animáis mariños decidimos entre todos os nenos e nenas facer a nosa obra.

Fixemos a obra: "A Balea" a cal foi posible grazas a colaboración das familias, que recolectaron plásticos e latas axudándonos a montar a balea, e os nenos e nenas a pintaron.

 

 

 

 

 

 

AMBIENTADOR ECOLÓXICO. OS CANGUROS

        Ambientador ecolóxico.

          - Vaciamos as laranxas e limóns

           - Cortamos as velas e poñemos a cera a quentar..

           - Enchemos coa cera o limón e poñemos a mecha.
                   Lista para usar!

 

 

 

              Grazas as  nais que nos axudaron a facer o obradoiro 

REUTILIZANDO PLÁSTICO, COIDANDO O MAR

 Este curso estamos moi preocupad@s coa cantiade de plásticos que acaban emporcando os océanos, provocando enfermidades e mortes entre os animais mariños.

  Por iso, pedimos as nosas familias botellas, bolsas, tapóns, envases de iogurt ou leite,....

  Con todo este lixo e seguindo o camiño iniciado por artistas como Bordalo II ou Veroniká Richterová, convertemos todo este lixo en peixes, pingüíns, baleas, tiburóns,... e con todas eestas esculturas construímos a nosa instalación oceánica na que nos cada día. 

Con este proxecto conseguimos reutilizar un montón de plástico que remataría no lixo, creamos beleza onde había refugallo e tomamos conciencia da enorme cantidade de plásticos que usamos cada día.

 

 

 

UNHA ÁRBORE ESPECIAL!

AQUÍ TENDES A NOSA ÁRBORE DESTE NADAL. COMO VEDES ESTÁ FEITA CON BOTELLAS DE PLÁSTICO!

SEGUIMOS COA INTENCIÓN DE CONVERTER O LIXO EN ALGO FERMOSO. OS ADORNOS ESTÁN  FEITOS REUTILIZANDO DIFERNTES MATERIAIS: MADEIRA DE PALÉS, CARTÓNS DE EMBALAXES, ALGODÓN DE COXÍS, PAPEIS DE XORNAIS,...

POIS ISO NO ANO 2020 SEGUIREMOS RECICLANDO, REUTILIZANDO E REDUCINDO, PARA COIDAR O NOSO MUNDO.

 

 

Proxecto 3 R: Reducir , reciclar, reutilizar

 Levamos a cabo o noso proxecto para mellorar o planeta, aprendendo a reciclar, reducir e e reutlizar.  Fixemos unha actividade na que REUTILIZAMOS o xornal para que fose outra cousa, empregando a nosa imaxinación e creatividade. E así foi o resultado.

 

 

 

 

Coidamos o planeta

Coidamos dos nosos pingüíns, facendo dende a escola un traballo de reciclaxe cos materiais de refugallo que atopamos no noso centro. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut