Budiño
13ª PROPOSTA DE ACTIV. (5ª DO 3ª TRIM.)
Posted Abril 24th, 2020 by profe
BOAS FAMILIAS!!!
Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato moi especial cos vosos peques, aprendendo na casa !. De todas maneiras, imaxino que os peques a estas alturas... xa estarán planificando o que pasará dende este domingo... Por fin poderán DAR UN PASEO E SAÍR DA CASA!!! Oxalá que veña bo tempo e poidan desfrutar deses máis que merecidísimos paseos. SON UNS VERDADEIROS CAMPEÓNS!!!
MOI BOA FIN DE SEMANA !!!
ÁNIMO, FORZA E MOITA FELICIDADE!
Profe SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
12ª PROPOSTA DE ACTIV. (4ª DO 3ª TRIM.)
Posted Abril 22nd, 2020 by profeBOAS DE NOVO!!!
Aquí vos deixo novas propostas de actividades para que pasedes un rato super diver-educativo nas vosas casas. Espero que as desfrutedes moito!!!
APERTAS PARA TODOS E... MOITA FELICIDADE !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
11ª PROPOSTA DE ACTIV. (3ª DO 3º TRIM.)
Posted Abril 20th, 2020 by profe
BO COMEZO DE SEMANA !!!
Que tal o fin de semana? Espero que, polo menos, polo menos... esteades fantasticamente ben!!!.
Pois ben, aquí me tedes... cargada de novas propostas que vos irei transmitindo ao longo da semana e que me encantaría que levarades a cabo en familia. Tede en conta que, como xa vos transmitín hai uns días, as comunicacións e/ou mensaxes que queirades deixarme levarémolo a cabo mediante “abalar móbil” e, se a alguén lle xorden dificultades, por favor facédemo saber.
Por certo... alguén sabe quen está hoxe de cumpre??? Algunha idea? Queredes algunha pista como no cole? ATENTOS: É alguén que comeza cunha letra... consonante, concretamente, coa N... e vos preguntariades ¿é pequena?... NON... é maior pero agora xa é máis maior e cumpre 6 aniños... quen será, será?... Especialmente para ela, e mentres non o podamos celebrar como se merece, aquí che deixo uns agasallos e espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial...
PARABÉNS E MOITAS FELICIDADES NOA!!!
E PARA TODOS... MOITA FORZA!! XA QUEDA UN DÍA MENOS!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
10ª PROPOSTA DE ACTIV. (2ª DO 3ª TRIM.)
Posted Abril 17th, 2020 by profeBOAS NOVAMENTE!!!
Aquí vos novas propostas de actividades para que pasedes un rato super diver-educativo nas vosas casas.
MOI BOA FIN DE SEMANA !!!
MOITO ÁNIMO E MOITA FELICIDADE!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
9ª PROPOSTA DE ACTIV. ( e a 1ª DO 3ª TRIM.)
Posted Abril 14th, 2020 by profe
BENVIDOS DE NOVO PEQUERRECHOS/AS E FAMILIAS Á NOSA CASA-ESCOLA DO 3º TRIMESTRE!!!
Que tal de vacacións “caseiras”? Como seguimos? De seguro que levándoo co VERDADEIROS SUPERHEROES!!! Porque... si... todo hai que dicilo, aínda que poidamos ter “momentos” de “baixón”, de seguro que o estades levando FENOMENAL!!! Cantos bicos, apertas, sorrisos... boto de menos!!!
Sinto moitísimo que esta situación se alargue tanto... pero, de seguro, nos fará moito máis fortes e mellores en moitos sentidos... Polo momento, descoñecemos moitos aspectos deste último trimestre (como remataremos o curso, cando...se voltaremos ou non ás aulas...). Non obstante, HOXE COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE e, aínda que non da maneira que me gustaría facelo, volverei a ofrecervos propostas para traballar cos peques. Coma sempre, é de vital importancia, que manteñades diariamente ás rutinas (tamén ás da escola: calendario, tempo atmosférico, ...), as especialidades que nos visitarían (luns-música; martes-relixión/alternativa; mércores-inglés; venres- educación física e, só para algúns, Audición e Linguaxe). Por tanto, para non repetirme, esta é a última vez que o menciono neste curso... porque seguro que xa o sabedes.
MOITO ÁNIMO e!MOITA FELICIDADE!!!
e, por suposto... UN MILLÓN DE BICOS !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
8ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Posted Abril 3rd, 2020 by profeHOXE COMEZAMOS AS VACACIÓNS !!!
Ola a todos, peques e non tan peques...!!! Que tal estades SUPERHEROES? De seguro que botando de menos moitas cousas... pero, ARRIBA ESE ÁNIMO... XA FALTA MENOS E, XUNTOS, ÍMOLO CONSEGUIR...!!!
Como xa ven sendo costume, déixovos uns documentos con propostas de actividades para pasar un bo rato en familia pero... un momento...STOP
¿Sabedes que día é hoxe?... Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa (aínda que esta vez vai ser moi diferente... sen festa... sen chocolate... sen bicos... e sen apertas...). Por iso, dende aquí vos envío moitísimo ánimo e moitísima forza !!! Oxalá que nos poidamos reencontrar moi pronto e que, polo menos, poidamos compartir moito amor e sorrisos. (Ata o martes, á volta das vacacións...)
UNHA GRAN APERTA E FELICES VACACIÓNS !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
7ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Posted Abril 1st, 2020 by profeSEGUIMOS NA CASA E XA FALTA MENOS !!!
Ola pequerrechos!!! Que tal? Como seguimos? De seguro que levándoo co mellor dos vosos sorrisos, con ese que tanto boto en falta... co que me recibides cada día ao chegar ao cole.
En fin, aquí vos deixo as propostas para estes dous días da semana que espero que desfrutedes facendo...!!!. Ata o próximo venres...
UNHA GRAN APERTA E UN MILLÓN DE BICOS.
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
6ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Posted Marzo 30th, 2020 by profeCOMEZAMOS XA A 3ª SEMANA E SEGUIMOS XUNTOS !!!
Bo comezo de semana a todos e todas e, en especial, a eses pequerrechos e pequerrechas polos que deberiamos aplaudir non só un día, senón todos, xa que son uns verdadeiros superheroes...!!! O diploma polos primeiros 15 días téñeno... máis que gañado!!!
En calquera caso, aquí vos deixo as propostas para estes dous primeiros días da semana que oxalá desfrutedes facendo...!!! (unha cousiña para que teñades en conta: lembrade que agora podedes deixar comentarios debaixo de cada publicación). Ata o próximo mércores...
PARABÉNS... SODES UNS CAMPIÓNS!!!
Unha gran aperta chea mooooito cariño.
PROFE SANDRA
- 1 comentario
- %count lecturas
5ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Posted Marzo 27th, 2020 by profe
POR FIN É VENRES !!!
Chega a fin de semana e é un bo momento para mirar cara atrás e reflexionar na nosa semana... pensar nas cousas que nos fixeron rir, desfrutar, quererse, aprender... estou segura de que, aínda que esteamos na casa, cada día, cada semana... é diferente!!! (E lembrade ir apuntándoo nese diario que vos propuxen facer e que, cando isto pase, será moi gratificante: botar unha ollada ao que vivimos... e, despois de todo, aprender a quererse, a valorarse, a compartir...e a ser máis fortes).
Así pois, debemos aproveitar tamén estes momentos para coñecer, atender e escoitar ás nosas emoción para, na medida das nosas posibilidades..., tratar de “controlalas” (tarefa nada sinxela, inclusive para nós os adultos...). Ademais, por se alguén o descoñece, hoxe celébrase o DIA DO TEATRO... Por que vos digo isto? Veredes, o que vos propoño desta vez será un RETO ... e está moi relacionado con ambos aspectos (as emocións e o teatro). Atrevédesvos a levalo a cabo? Espero que desfrutedes moito coa proposta!!! Xa me contaredes...
ATENCIÓN: Iso sí, antes de facélo... Lembrade que como é venres, visitaríanos o profe Daniel, por tanto, non esquezades pasarvos polo que vos deixou na web, no apartado da súa especialidade...
E... alguén sabe que máis celebraríamos hoxe??? Diréivolo eu... ESCOITADE... hoxe a nosa “nova” compañeira e “youtuber” Arianna está... de cumpreanos!!!, sí, sí... xa é máis maior... e cumpre 6 aniños.. Así pois, FELIZ CUMPREANOS ARI!!! (non te preocupes, á volta celebrarémolo como se merece!!!). Así e todo, aquí che deixo uns agasallose espero, de corazón, que desfrutes dun día moi especial... Para todos, BOA FINDE!!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
4ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Posted Marzo 25th, 2020 by profeBOAS FAMILIAS !!!
Dado que sei de boa tinta que estades repletos de imaxinación e non parades de facer cousiñas, como vos dixen, nesta publicación só vos vou deixar un documento adxunto en pdf, especialmente para os máis maiores da aula. En calquera caso, podedes votarlle todos un ollo e, segundo vos conveña, empregálo.
Unha gran aperta chea mooooito cariño.
PROFE SANDRA
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »